Hosting por Logo dinahosting

Sección de espeleoloxía

Na actualidade non nos chega con explorar as selvas máis mestas, ascender as montañas máis altas nin navegar polos mares máis distantes. Dende sempre, o home interesouse por exploración das covas buscando acubillo, auga e mesmo tesouros. Grutas con pinturas misteriosas, cavernas con lagos interiores, estalactitas e estalagmitas milenarias e sobre todo escuridade. Moita escuridade. Isto é unha pequena parte do que pode encontrar o viaxeiro que se lance a descubrir as entrañas da terra.

A Espeleoloxía é unha Actividade Mixta, tanto Deportiva coma Científica, que nos permite:

  • – Descubrir o que se encontra debaixo da terra: salas, galerías, ríos, lagos, estalactitas, estalagmitas…
  • – Facer un deporte moi completo, onde escalamos, descendemos e ascendemos por cordas…
  • – Coñecer a natureza, montañas, ríos…
  • – Realizar un traballo en equipo, fundamento da exploración espeleolóxica.

Ademais de todo isto, a espeleoloxía ten un compoñente científico, xa que nós como espeleólogos levamos a cabo:

  • – As topografías das cavidades, realizando para iso medicións con compás, clinómetro, fita métrica e outros aparatos.
  • – Estudos hidroxeolóxicos, coa finalidade de coñecer o comportamento das augas subterráneas tanto dende un punto de vista científico, como para realizar as exploracións con seguridade.
  • – Estudamos e loitamos pola conservación da fauna subterránea, pouco coñecida e nalgúns casos de grande interese biolóxico.
  • -Ademais doutras áreas como: arqueoloxía, climatoloxía, fotográfica, mergullo en cavidades,….

Outra faceta que nos ocupa é o Descenso de Canóns ou Barrancos, disciplina que naceu como complemento nas exploracións.

A forma de iniciarse na espeleoloxía é federándose e realizando o cursos que se organizan no Club.

Unha vez adquirida a formación necesaria, as actividades lévanse a cabo polo Club que forma parte da Federación, onde che proporcionarán toda a información que necesites para a práctica do noso deporte.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón