Hosting por Logo dinahosting

Sección de Sendeirismo

O sendeirismo, unha especialidade do montañismo, é unha actividade deportiva non competitiva que se realiza sobre camiños, que poden estar balizados e homologados polo organismo competente de cada país ou ser simplemente “camiños”. Busca achegar ás persoas ao medio natural e ao coñecemento da zona a través do patrimonio e os elementos etnográficos e culturais tradicionais, utilizando preferentemente o sistema tradicional de vías de comunicación, tales como camiños veciñais (corredoiras) e sendeiros. Pero as nosas actividades quedan mellor definidas polo concepto máis amplo de excursionismo, polo que as rutas poden realizarse fóra de sendeiros, por paraxes illadas, por montañas, dun ou varios días ou combinarse coa acampada.Respetando normas de seguridade e ao medio natural, buscando a harmonía coa natureza e bo ambiente de grupo. A actividade excursionista leva consigo moitas satisfaccións e retos para as persoas. Os excursionistas aman polo xeral a natureza e desexan compartir directamente unha parte da súa vida con ela. Debido a que non hai idade para esta actividade de carácter deportivo e recreativo, permite a súa convivencia entre familiares e amigos de todas as idades. Coñécese á natureza intimamente, polo que se lle respecta máis. Leva consigo un excelente exercicio cardiovascular. Realízase afastado de todo tipo de contaminación urbana. Permite un espírito de compañeirismo e apoio. Coñécense máis profundamente as rexións, as poboacións e os sitios naturais así como a súa flora e fauna.

É tamén transversal á maioría de actividades que se realizan no club, pois normamente todas inclúen algún tramo de sendeirismo como aproximación ao inicio da parte técnica.

No club propoñemos actividades de sendeirismo de todos os tipos, dende curtas por sendeiros balizados ata longas, monte a través, e con maior difcultad. Polo tanto é conviente informarse en cada caso para participar nas que sexan apropiadas ao noso interese e condición física.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón