Hosting por Logo dinahosting

Procedemento en caso de accidente FGM

Calquera accidentado ten obriga de cumprimentar un Parte de Accidente e remitilo á Federación coa maior brevidade.

Poden darse dous casos no caso dun accidente na montaña.

Accidente deportivo con rescate

Se o accidente é grave (emerxencias e urxencias) e deben evacualo dalgunha zona, debe avisar aos grupos de rescate de onde se atope.

O número de emerxencias en España é o 112.

Infórmese do número de emerxencias se viaxa ao estranxeiro. Deberán desprazalo ao Hospital máis achegado.

O antes posible, deberá comunicar o accidente á Federación Galega de Montañismo, onde lle explicarán os seguintes pasos a facer para cumprimetar o parte de accidente, e valorar o desprazamento a un centro concertado pola Aseguradora se fose posible e necesario.

 

Accidente deportivo sen rescate

Se o accidente non necesita rescate, pero é grave (urxencias), debe ir a un centro de Urxencias, e indicar dende o primeiro momento que se trata dun accidente na práctica deportiva e que está federado.

En canto sexa posible, debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo para que lle expliquen cómo cumprimentar o parte de accidente, e indiquen os seguintes pasos a seguir.

Se o accidente non é grave (non urxencias) debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo canto antes, para que lle expliquen os pasos a seguir para poder acudir a un centro concertado e que o atendan.
Lembre que sempre debe conservar toda a documentación que lle entreguen, por se lla solicita a entidade aseguradora.

 

Guia de urxencias en caso de accidente e centros concertados MAPFRE (PDF) 898 kb

 

Información extraída da páxina web da Federación Galega de Montañismo

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón