Subscribirse ás listas de correo
Se es socio do Club Alpino Ourensán, podes subscribirte as listas de correo completando os datos do seguinte formulario. Este é un listado pechado, o que significa que a alta do teu correo-e non será efectiva ata ser aprobado.
Recibirás un correo elecrónico solicitándoche confirmación, por favor, fai clic na ligazón que aparece no mesmo, sen ese paso, a túa alta non está completa.
O listado de subscriptores é oculto, polo que os/as socios/as subscritos/as non o poderán ver.
Para asegurarte de que recibes todos os correos, engade [email protected] como contacto no teu correo-e.
Poderás escoller a lista ou listas ás que te queres subscribir. Existen varias listas en función dos teus intereses, recomendámosche subscribirte a lista de Socios xa que a ela enviaranse todas as comunicacións de interese ó conxunto dos socios. O resto de listas, escólleo segundo os teus intereses. Unha vez dado de alta poderás modificar as túas preferencias.
Que datos precisamos?
Para subscribirte é preciso un correo electrónico, e o teu nome e apelidos. O correo precisámolo para enviarche as comunicacións, o nome e apelidos, para saber quen es e se es socio do Club Alpino Ourensán.
Responsable: Os datos de carácter persoal que nos proporciones mediante o presente formulario serán tratados polo Club Alpino Ourensán.
Finalidade: A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que solicitamos é para xestionar as listas de correo e enviar novidades e información do Club Alpino Ourensán.
Lexitimación: Ao marcar a casilla de aceptación do tratamento de datos persoais, das o teu lexítimo consentimiento para que os teus datos sexan tratados conforme ás finalidades deste formulario descritas na política de privacidade.
Destinatarios: Informamos que os datos que facilites serán almacenados nos servidores de Dinahosting (provedor de aloxamento da web). Ver política de protección de datos de Dinahosting.
Dereitos: Podes facer uso dos dereitos de acceso, rectificación e supresión en [email protected] así como outros dereitos como se explica na política de protección de datos.
información adicional: Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de datos na política de protección de datos