Para participar na proba é necesario realizar unha inscrición por equipos a través do Club Alpino Ourensán xa sexa nas súas oficinas ou mediante a súa páxina web: http://web.clubalpinoourensan.es/maraton/inscripcion e sempre antes do día 1 de setembro ás 23:59.
A inscrición formalizarase no momento do pagamento da cota, que será de 14 € por cordada e que dará dereito a:
– Camiseta do evento.
– Un premio para o equipo gañador e o escalador que faga a vía de mais grado
– Sorteo de premios
Para participar nesta actividade non é preciso ser socio do club.
Toda a información en web.clubalpinoourensan.es/maraton