VII Maratón de escalada “Canón do Sil”

Nova edición deste tradicional evento de escalada no Canón do Sil. Este ano a VII Maratón de Escalada do Canon do Sil, terá un carácter competitivo, tratándose dunha xuntanza-competición de todos os escaladores no Canón do Sil.

Os participantes, deberán de ser autosuficientes e contarán cun mapa e croquis dos sectores.

Ademais poderán inscribirse non participantes para os pinchos e/ou a camiseta.

Ao finalizar, sobre ás 20:45 horas realizarase entre todos os participantes un sorteo de material proporcionado polos patrocinadores, a tenda de montaña Entrepicos e Petzl.

Ademais, para todos aqueles que se inscribisen haberá uns pinchos ao finalizar para repoñer forzas.

Para esta actividade non é preciso ser socio do club.

Cando
Sábado 7 de setembro ás 8:30 horas. Programa

Donde
Na escola de escalada do Canón do Sil. Como chegar.

Reglamento

Consulta o regulamento da proba

Como inscribirse
A inscripción realizarase mediante a web www.clubalpinoourensan.es/maraton/inscripcion/