Hosting por Logo dinahosting

Sección de Montaña

Quizais alguén se pregunte se merece a pena durmir incómodo, pasar frío, sufrir co esforzo subindo unha forte pendente, camiñar mollado e comer unha barriña enerxética que ten collida a forma do cámping gas que a aplasta no fondo da mochila. Se a túa resposta é si, por suposto que merece a pena, entón, podes seguir lendo !!

O montañismo é unha disciplina deportiva, é un conxunto de técnicas e de habilidades que debes coñecer, pero sobre todo é un reto persoal, este deporte é unha “montaña” de valores que queremos compartir contigo.
Ten tres diferencias principais con outros deportes:

– O entorno natural no que se desenvolve, imprescindible.

– O risco que se asume, xa que un erro poder ter consecuencias importantes.

– O feito de que non é un deporte competitivo. Máis alá das expedicións mediáticas a montaña é
compañeirismo, superación, risco, reto e oportunidade.

O concepto de éxito reinvéntase na montaña, onde a viaxe en realidade non é cara a cima, senón cara dentro dun mesmo. Prepararse, avaliar os riscos e dalo todo é imprescindible, pero as veces non suficiente para facer unha cima. En cambio, se estas tres cousas ocorren, sempre voltamos coa sensación de ter gañado algo.

 

Actividades

O Club Alpino é o espazo para formarse, aprender, coñecer xente e practicar o montañismo. Realizamos actividades de media e alta montaña, de forma organizada como club e cada un de nos de forma independente nas zonas próximas como os Ancares ou Trevinca, pero tamén en toda a cordilleira Cantábrica en canto hai algúns días extras: A picos de Europa, Somiedo ou Fuentes Carrionas, pero tamén a outros macizos como Gredos ou Pirineos. Os Alpes ou montañas de outros continentes quedan para expedicións particulares ou propostas puntuais, pero están sempre ahí como grandes retos que algún dia poderemos acadar.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón