Hosting por Logo dinahosting
6 Febreiro, 2025

Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria 26 febreiro

 

Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria
Estimados/as Socios/as:
O Club Alpino Ourensán, de acordo cos vixentes estatutos, convoca a todos os seus socios/as para a celebración da próxima Asamblea Xeral ordinaria, que terá lugar o mércores, día 26 de febreiro de 2025 no local do club (Centro Comercial Couto, local 59), ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1. Balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.
2. Memoria ano 2024.
3. Orzamento para o 2025.
4. Rogos e Preguntas

Informamos que, tal e como recollen os nosos estatutos no artigo 17 1.d, os socios poderán formular proposicións que terán que ir asinadas polo menos polo cinco por cento dos mesmos. Ditas proposicións, para ser incluidas na orde do día, deberán achegarse  polo menos con 10 días de antelación.

Lembramos a importancia de asistir á Asamblea Xeral.
Sen outro particular, atentamente:

En Ourense, a 06 de febreiro de2025
Mar Pallás Presidenta

4 Novembro, 2024

Voto popular XXIV concurso fotográfico Club Alpino Ourensán

Premio Popular

9.1. O “Premio Popular” será elixido por votación dos socios do Club Alpino Ourensán entre as obras presentadas, excluíndo as seleccionadas polo xurado.

https://photos.app.goo.gl/j1avCnscYexugaAt6

9.2. As obras poderán ser votadas por correo electrónico a través do enderezo electrónico [email protected].

9.3. Estas serán expostas e numeradas na páxina web do Club Alpino Ourensán, habilitándose unha aplicación a tal efecto.

9.4. O período de votación para o Premio Popular será do 4 de novembro ao 15 de novembro de 2024.

9.5. So se admite un voto por socio.

13 Xullo, 2024

Pechado por vacacións do18 de xullo ata o 3 de setembro

Informamos que o  Club estará pechado dende o 18 de xullo ata o 3 de setembro. O último día que estará aberto o local será o mércores 17 de xullo, tédeo en conta se precisades material ou calquera outra xestión. Tamén será a data límite para a tramitación de licencias.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón