Licenza FGE
Procedemento para federarse
Para solicitar unha licenza é indispensable ser socio do club. Aquí podes consultar como asociarte ao Club Alpino Ourensán. Podes facerte socio por un só trimestre.
O procedemento para federarse poderá realizarse no local do club ou telemáticamente do seguinte modo:
Elexir o tipo de licenza
Escolle o tipo de licenza que desexas en función das coberturas que precises e idade.
Pagar a licenza
Abona na conta do club ( xa sexa por ingreso ou transferencia) o importe da licenza escollida e poñendo como concepto Licenza de … (Nome e apelidos do solicitante).
Lembra sumar ao prezo da licenza os suplementos que desexes. É suficiente con un so ingreso.
IBAN: ES03 0049 7799 50 2610012560 (Banco Santander).
NOTA: Dende o clube tramitamos as licenzas os mércores ás 18 h. Todas as licenzas solicitadas despois desa hora, tramitaranse para o seguinte mércores.
Realiza a solicitude
Podes solicitar a túa licenza telemáticamente mediante o formulario habilitado durante todo o ano.
Se o desexas tamén podes pasar polo local do club co resgardo da transferencia para tramitala en persoa.
Esta federación non envía tarxeta física, esta poderá descargarse de desta ligazón
Nesta páxina da Federación Galega de Espeleoloxía poderán consultarse todos os detalles das licenzas.
Procedemento en caso de accidente
No caso de precisar facer uso das coberturas da licenza, a Federación Galega de Espeleoloxía ten un procedemento publicado con todos os pasos para facer uso desa cobertura. Este procedemento é de interese para todos os federados
Como ampliar unha licenza xa tramitada
Durante todo o ano poderás ampliar as coberturas dunha licenza xa tramitada, esta ampliación ocasionará uns gastos en función da licenza desexada.
Para ampliar unha licenza da Federación Galega de Espeleoloxía achégate ao local do club ou escríbenos a [email protected]
Documentos asociados
- 2023 Prezos licenzas FGE
- Póliza de Accidentes: Aon Allianz nº 038321897 Condiciones Particulares, Especiales y Generales
- Protocolo de Actuación de Aon Allianz en caso de Accidente Deportivo
- Parte Accidente Deportivo 2019 Aon Allianz
- Cuadro Médico Galicia
- Cuadro Médico España
- URGENCIAS 24 HORAS ESPAÑA: 900404444
- DESDE EL EXTRANJERO: +34 914522915