Hosting por Logo dinahosting

Refuxio “Pena do Caldeiro”

O Club Alpino Ourensán dispón dun refuxio en Cabeza de Manzaneda a disposición de todos os socios.

  • Situación: Pena do Caldeiro (Cabeza de Manzaneda), na Estación de Montaña, a 1.400 mts. de altitude.
  • Instalacions: Habitación de liteiras, aseos, cociña, salón con cheminea.
  • Capacidade: 18 prazas en liteiras

Chégase en coche ata a porta agás no inverno, cando hai neve en Manzaneda, que será preciso camiñar uns 800 metros.

Para facer uso do refuxio

  • É preciso ser socio do Club Alpino Ourensán
  • Os non socios podrán facer uso do refuxio acompañados por un socio
  • Dentro da colaboración con outros clubs e organizacións, o refuxio tamen podrá ser usado por estas.

Reservar o refuxio

Para facer uso do refuxio é preciso solicitalo á Xunta Directiva:

  • Mediante a web do club.
  • Presencialmente no local do club en horario de apertura
  • Por teléfono no horario de apertura

Realizar reserva


O refuxio

Regulamento

Co fin de realizar un bo uso do refuxio orientado a súa conservación, o uso deste rexirase polo regulamento aprobado pola Xunta Directiva.



O refuxio
O refuxio
O refuxio

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón