Hosting por Logo dinahosting

Licenzas de Montaña

 

Procedemento para federarse

Para solicitar unha licenza é indispensable ser socio do club. Aquí podes consultar como asociarte ao Club Alpino Ourensán. Podes facerte socio por un só trimestre.

O procedemento para federarse poderá realizarse no local do club ou telemáticamente do seguinte modo:

 

1º. Elexe o tipo de licenza

Como novidades deste ano existen dúas federación polas que podes federarte en montaña:

A Federación Española de Montaña (FEDME)

Escolle o tipo de licenza que desexas en función das coberturas que precises e idade. Revisa tamén se precisas algún dos suplementos.

Modalidades e prezos:

https://fedgalmon.gal/wp-content/uploads/2025/11/LICENZA-FEDME-2026.pdf

A Federación Galega de Montaña (FGM)

Este ano a FGM sacou a licenza C. Ten a mesma cobertura que a licenza B da FEDME, con un custo menor pero, non permite solicitar suplementos (BTT, Esquí…), nin contempla descontos de inclusión social (IS), nin descontos en refuxios FEDME do ámbito nacional. Tampouco podes asistir a competicións deportivas nacionais.

Modalidades e prezos:

https://fedgalmon.gal/wp-content/uploads/2025/11/LICENZA-FGM-2026.pdf

Nesta páxina da Federación Galega de Montaña  poderán consultarse todos os detalles das licenzas.

2º. Paga a licenza

Abona na conta do club ( xa sexa por ingreso ou transferencia) o importe da licenza escollida e poñendo como concepto Licenza de … (Nome e apelidos do solicitante).

Lembra sumar ao prezo da licenza os suplementos que desexes. Tamén se pode solicitar a tarxeta física (3 euros)

É suficiente con un so ingreso.

IBAN: ES03 0049 7799 50 2610012560 (Banco Santander).

3º. Realiza a solicitude

Podes solicitar a túa licenza telemáticamente mediante o formulario habilitado durante todo o ano.

NOTA: Dende o clube tramitamos as licenzas os mércores ata as 20h. Todas as licenzas solicitadas despois desa hora, tramitaranse para o seguinte mércores.

 

Se o desexas tamén podes pasar polo local do club co resgardo da transferencia para tramitala en persoa.

4º. Descarga a tarxeta virtual.

Unha vez que dende o clube tramitemos a túa licencia recibirás un correo de confirmación pero, para comprobar que a túa licencia está tramitada pola federación e que estás federado, deberás descargar a tarxeta virtual a través de app Tools. Podes descargar a app aquí:

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.toools.fedme&hl=es

Se solicitaches a tarxeta física deberás pasar a recollela polo clube.

Procedemento en caso de accidente

No caso de precisar facer uso das coberturas da licenza, a Federación Galega de Montañismo ten un procedemento publicado con todos os pasos para facer uso desa cobertura. Este procedemento é de interese para todos os federados

Ver mais

 

 

Como ampliar unha licenza xa tramitada

Durante todo o ano poderás ampliar as coberturas dunha licenza xa tramitada.

1º. Elexir o tipo de licenza

Escolle o tipo de licenza que desexas en función das novas coberturas que precises. Revisa tamén se precisas algún suplemento a maiores. Os suplementos xa solicitados manteranse.

 

2º. Pagar a licenza

Abona na conta do club ( xa sexa por ingreso ou transferencia) a diferenza entre a licenza antigua e a nova solicitada.

Concepto do ingreso:  Licenza de … (Nome e apelidos do solicitante).

IBAN: ES03 0049 7799 50 2610012560 (Banco Santander).

 

3º. Realiza a solicitude

Podes ampliar a túa licenza telemáticamente mediante o formulario habilitado durante todo o ano.

NOTA: Dende o clube tramitamos as licenzas os mércores ata as 20h. Todas as licenzas solicitadas despois desa hora, tramitaranse para o seguinte mércores.

 

Vantaxes de federarse

A licenza da Federación Galega de Montañismo, permìtece participar nas actividades do clube e en outras nas que se esixa estar federado, ademais dáche dereito a:

• Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME).

• Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM).

• Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional.

• Gozar aos federados FEDME de descontos de pernota en todos os refuxios españois a partir do 01-01-2026, segun o convenio de reprocidad de refuxios de montaña. Accede a Refuxios FEDME.

• Os federados FEDME estarán tamén incluídos desde 01-01-2026 no Convenio internacional de reciprocidade no uso dos refuxios de montaña.

• Ter dereito todos os federados galegos as promocións de descontos federados.

• Prezos moi reducidos nos refuxios galegos.

• Comunicacións periódicas.

• Calendario de actividades.

• Participar en actividades divulgativas.

• Competicións oficiais de escalada, carreiras por montaña e marcha nórdica.

Datos importantes

Licenzas válidas por ano natural. Todas as licenzas caducan o 31 de decembro.

Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar todos os seus datos ou o fagan de forma incorrecta.

Licenza de Inclusión Social
(B IS), coas mesmas coberturas que a licenza B de ámbito nacional. Para poder tramitar esta licenza hai que achegar unha copia do certificado de discapacidade igual ou superior do 33%.

Ademais os Federados de modalidades infantís e xuvenís, que no momento que acrediten tener un pai ou unha nai federados, obterán un desconto do 50% no precio do seguro, e decir, pagarán o prezo fixado no cadro de prezos pola súa totalidade, e unha vez acrediten ter o pai ou a nai federado no ano 2026,  abonaránselle o 50% da licenza do menor.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón