Faite socio
Como socio do club…
- Coñecerás xente coa que practicar este deporte.
- Poderás participar en mais de 50 actividades e cursos ao ano.
- Accederás a cursos da Federación de Montaña e da Federación de Espeleoloxía.
- Terás a posibilidade de protexerte cun seguro federativo de rescate e accidentes.
- Terás ao teu servizo préstamo de material
- Terás á túa disposición unha biblioteca de montaña con mais de 300 libros, 70 mapas e preto de 600 revistas especializadas.
- Obter descontos en refuxios, tendas locais… Ver Vantaxes
- Está a túa disposición un refuxio en na Estación de Montaña de Manzaneda.
- Uso do rocódromo municipal con material do club.
- WiFi gratuito no local.
Como asociarse
Facerse socio do Club Alpino Ourensán é moi sinxelo. Podes facelo así:
Ao darte de alta poderás escoller se queres ser socio familiar, individual ou aspirante:
*Os socios familiares, pagan unha cuota anual de 52€, pero tamén poden asociar aos seus fillos e parella sen pagar nada a maiores.
*Os socios individuais a cuota anual é de 40€.
*Os socios aspirantes (menor de idade non asociado a familiar) terán unha cuota de 20€ anuais. Estes socios serán menores que non teñan pais ou titores legais socios do clube. Poderán participar nas actividades, coa correspondente autorización da familia.
En calqueira momento poderás cambiar o tipo de socio que és.(No caso de asociarse unha vez iniciado o ano, soamente se abonará a parte proporcional dos trimestres no vencidos)
Tanto os socios individuais como os familiares (é tamén os socios asociados a este) teñen os mesmos dereitos e obrigas.
Ademais, se é o que queres é probar o club, e as actividades, poderás facerte socio por un so trimestre (cuota de 10€).
Cuotas
Como socio do club, poderás escoller entre tres cuotas mais unha cuarta se é a primeira vez que te fas socio.
- Socios familiares: 52 euros/ano
- Socios individuais: 40 euros/ano
- Socios aspirantes: 20 euros/ano
- Só primeiro trimestre: 10-13 euros/1 trimestre
Nota: As cuotas aboanse anualmente (normalmente por domiciliación bancaria).
Conta bancaria do club: ES03 0049 7799 50 2610012560 (Banco Santander)
Escríbenos a [email protected] se tes calquera dúbida ou pregunta
Estatutos do Club Alpino Ourensán
Poderás desfrutar…