Espeleoloxía
Sobre a sección
Na actualidade non nos chega con explorar as selvas máis mestas, ascender as montañas máis altas nin navegar polos mares máis distantes. Dende sempre, o home interesouse por exploración das covas buscando acubillo, auga e mesmo tesouros. Grutas con pinturas misteriosas, cavernas con lagos interiores, estalactitas e estalagmitas milenarias e sobre todo escuridade. Moita escuridade.