Hosting por Logo dinahosting
26 Outubro, 2017

Premio popular concurso de fotografía

Dende xa e ata o 29 de novembro podes votar por unha imaxe para o Premio Popular do Concurso de fotografía. Todos os socios poderán votar por unha imaxe, de entre as presentadas e non premiadas, como gañadora do premio popular. A imaxe que mais votos consiga será a gañadora. Recorda que podes ver as imaxes nesta ligazón https://www.flickr.com/photos/clubalpinoourensan/albums/72157686905947410

Todas as imaxes están numeradas

 

Para votar utilizarase a seguinte ligazón http://e.clubalpinoourensan.es/index.php/469349 . Para poder accer á aplicación para votar terás que introducir os 5 últimos díxitos do teu DNI incluida a letra (senón es socio non poderás votar). Tamén te podes achegar polo local no horario no que está aberto (mércores de 19:00 a 21:00). Escríbenos a [email protected] se tes algún problema. O voto será anónimo

O gañador ou gañadora darase a coñecer na cea de navidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón