Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Quedada de escalada en Budiño

Data: 21 Outubro
Categoría:

Data límite para anotarse
mércores 18 de outubro
Lugar xeral
Budiño
Pernocta
Non hay pernocta
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

Quedada de escalada deportiva na escola de escalada de Budiño.

Debido a última oleada de incendios que asolan galicia e en concreto o Monte Galiñeiro esta última fin de semana cambiamos a quedada para a escola de Budiño.

A partír das 10:30 vémonos na escola.

Para participar é imprescindible ser autosuficiente en así como que cada un leve o seu propio material e estar federado.

Apúntate se queres que che xestionemos o desprazamento en vehículos dende o club.

Aínda que pode ser unha actividade propicia para escaladores nóveles, non se trata dun curso, por tanto é necesario ter os coñecementos básicos de aseguramiento e montaxe/desmonte de vías, xa que non haberá ningún monitor nin guía pendente dos participantes. Non obstante o organizador coñece as diferentes vías e sectores, puediendo orientar aos participantes nos labores de selección de vía en función a súa dificultade e/ou equipamento. Cada cordada deberá avaliar as súas vías de acordo co seu nivel e coñecementos.

Recórdase que a escalada é un deporte de risco que require ter coñecementos das diversas técnicas e material.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, non analizamos os hábitos de navegación navegación. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información neste enlace