Envíannos a seguinte información sobre un evento sendeirista no Xurés.
Comprácenos anunciar que no Xurés está a prepararse un Festival de Sendeirismo pola serra para o mes de Xullo, concretamente do 18 ao 22. Trátase do “ Xurés Walking Festival” cun total de 19 rutas a elixir entre rutas de longa distancia e rutas de curta distancia, así como rutas para toda a familia e unha nocturna. Este festival está pensado para que todo o mundo poida participar: xa sexa camiñando ou xa sexa facendo visitas pola zona; asi como os nenos e nenas que terán o seu programa especial con paseos pola natureza ou espazos de xogo adaptados ás súas necesidades.
Tradicion, historia e natureza únense neste máxico proxecto con toda a nosa ilusión, para ensinarvos a nosa comarca e os camiños entre as serras do Xurés, O Quinxo ou Leboreiro. Dolmenes, foxos de lobo, o campamento romano ou as minas do Xurés serán algúns dos lugares que percorreremos ao longo destes días de camiñadas e os ríos ofrecerannos baños relaxantes no medio da montaña. Termas de auga quente e unha piscina interior serán tamén parte do plan do festival.
Mais información en:
http://res.cloudinary.com/clubalpinoourensan/image/upload/v1529600420/PRESENTACI%C3%93N_XWF44_qsyj06.pdf
https://www.facebook.com/xureswalkingfestival/