A actividade consistirá nunha xornada na que se compartirán dúas actividades dirixidas cada unha de elas por un clube: Iniciación ó sendeirismo dende Oira ata o embarcadoiro de Ribela coa colaboración dunha socia do clube Alpino Ourensán e de ¨piragüismo recreativo¨ que se realizará no propio embarcadoiro de Ribela e dirixida por un monitor da escola Piragüismo Ourense. Con esta colaboración pretendemos que os rapaces e rapazas de ambos clubes podan compartir unha xornada e gozar da natureza realizando unha actividade lúdica de auga e terra de forma segura e divertida. Para a actividade de sendeirismo necesitaremos o que se describe máis abaixo en material recomendado e na auga usaremos principalmente kaiak estables pero tamén poderán experimentar con piragüas de máis dificultade. Subiremos camiñando dende Oira ata o embarcadoiro de Ribela por unha ruta de sendeirismo sinxela (5,5km. aproximadamente) e, unha vez chegados alí e tras tomar un refrixerio, iniciar a actividade de piragüismo. Data límite para a inscripción : mércores 5 xuño Información útil Comezo (lugar, hora…): Domingo 9 de Xuño no exterior da Aula da Natureza en Oira ás 10:00 h Transporte: A pé ata o embarcadoiro de Ribela. Será necesario que se recolla os rapaces ó termino da actividade no embarcadoiro de Ribela. hora de finalización ás 14:00) Material recomendado: Sendeirismo: Pantalón longo, zapatillas ou botas de montaña, mochila con auga, algo de comer, sudadera, gorra, gafas de sol e crema Piragüismo: Bañador,chanclas ou escapins, gorra, pantalón curto e camiseta Requisitos para participar: Estar federado. É obrigatorio saber nadar Prezo Gratuía para as socias dos clubes. …
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 05 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
A actividade consistirá nunha xornada na que se compartirán dúas actividades dirixidas cada unha de elas por un clube: Iniciación ó sendeirismo dende Oira ata o embarcadoiro de Ribela coa colaboración dunha socia do clube Alpino Ourensán e de ¨piragüismo recreativo¨ que se realizará no propio embarcadoiro de Ribela e dirixida por un monitor da escola Piragüismo Ourense. Con esta colaboración pretendemos que os rapaces e rapazas de ambos clubes podan compartir unha xornada e gozar da natureza realizando unha actividade lúdica de auga e terra de forma segura e divertida. Para a actividade de sendeirismo necesitaremos o que se describe máis abaixo en material recomendado e na auga usaremos principalmente kaiak estables pero tamén poderán experimentar con piragüas de máis dificultade. Subiremos camiñando dende Oira ata o embarcadoiro de Ribela por unha ruta de sendeirismo sinxela (5,5km. aproximadamente) e, unha vez chegados alí e tras tomar un refrixerio, iniciar a actividade de piragüismo. |
Comezo (lugar, hora…): | Domingo 9 de Xuño no exterior da Aula da Natureza en Oira ás 10:00 h |
Transporte: | A pé ata o embarcadoiro de Ribela. Será necesario que se recolla os rapaces ó termino da actividade no embarcadoiro de Ribela. hora de finalización ás 14:00) |
Material recomendado: | Sendeirismo: Pantalón longo, zapatillas ou botas de montaña, mochila con auga, algo de comer, sudadera, gorra, gafas de sol e crema Piragüismo: Bañador,chanclas ou escapins, gorra, pantalón curto e camiseta |
Requisitos para participar: | Estar federado. É obrigatorio saber nadar |
Prezo | Gratuía para as socias dos clubes. No caso no que algún rapaz ou rapaza que non pertencese a ningún dos clubes quixera participar, deberá aboar os importes dos seguros de día correspondentes. |