Camiñando as Fragas do Eume 30 abril – 1 maio O vindeiro sábado 30 abril camiñaremos por varias das fragas máis descoñecidas que rodean o río Eume, o cal nace na serra do Xistral e fúndese co océano en Pontedeume (A Coruña). A ruta circular de dificultade moderada, discurrirá polo concello de As Pontes (A…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 27 de Abril podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Camiñando as Fragas do Eume 30 abril – 1 maio
O vindeiro sábado 30 abril camiñaremos por varias das fragas máis descoñecidas que rodean o río Eume, o cal nace na serra do Xistral e fúndese co océano en Pontedeume (A Coruña). A ruta circular de dificultade moderada, discurrirá polo concello de As Pontes (A Coruña). Nela teremos oportunidade de ver multitudes de carbalos , acebos e demáis árbores autóctonas, bordeando unha parte do encoro da Ribeira na parte alta do pobo, que incluso nalgún sitio pode dar para un chapuzón.
O domingo 1 de maio camiñaremos por outra zona tamén das fragas, agora xa dentro do parque natural das fragas do Eume, no concello de Monfero (A Coruña), faremos a ruta dos Cerqueiros algo modificada, onde seguiremos inmersos en fragas e teremos oportunidade de ver dous miradores espectaculares, un sobre o encoro do Eume moi preto do famoso mosteiro de Caaveiro e outro desde a cuarta cima máis alta da provincia: pena Fesa, onde disfrutaremos das vistas sobre a ría de Ferrol, Coruña e de todo o golfo Ártabro, serra do Xistral (Lugo) e se o ceo está despexado
veremos ata os Ancares. Ese día andaremos uns 14 km cuns 500 m de desnivel aproximadamente.
Nas inmediacións da ruta non hai bares nin servicios, (hai a uns 5 km aproximadamente desde o punto de saída). Nesta saída tamén pode haber oportunidade de baño no encoro.
Material recomendado: Comida para cada unha das xornadas no monte, auga (no pobo das Pontes hai supermercados e teremos un bar a 4 min andando do punto de saída: Casa Martínez), calzado e roupa de montaña (pasaremos por algunha zona con lama e chan esvaradizo), mochila para a actividade de día.
Pernocta: Sandra, a socia que propón a actividade, permitirá acampar na súa finca en Miño (A Coruña) moi preto da praia grande, na finca haberá sitio para colocar tendas de campaña, espacio para 3 ou 4 furgos/autocaravanas, mangueira con auga fría, pilón de lavar a roupa e wc . A finca ten prazas limitadas, cubríndose por riguroso orde de inscripción, (poñede en observacións se queredes ter sitio na finca).
Ademáis tamén se pode preguntar no albergue Alvarella (Vilarmaior), ou nalgún hostal do pobo de Miño: hotel crisol de las rías, hotel la terraza, pr casa savi ; o cruceiro e montebreamo en campolongo (Pontedeume)… isto xa o xestionaria cada soci@ pola súa conta.
Para ceas e almorzos, pódese ir a bar/restaurante Carboeira a 3 minutos en coche da finca (no edificio de hotel crisol de las rías), con horario amplio.
Tamén se pode durmir o venres en furgo/autocaravana no punto de saída do sábado, o parque do Eume nas Pontes, onde se celebra unha famosa romaria cada 25 de xullo
Coordinadora: Sandra
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Transporte: coches particulares
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión