“Coñece a escalada” é unha actividade especialmente destinada a persoas que aprenderon a escalar recentemente, que fixeron o curso de escalada ou que queren retomar e desoxidarse. Se o tempo o permite,a actividade terá lugar o domingo 12 de maio de 10:00 a 14:00 no sector Camachuelo do Canón do Sil Material recomendado: ●Material necesario…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 08 de Maio podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
“Coñece a escalada” é unha actividade especialmente destinada a persoas que aprenderon a escalar recentemente, que fixeron o curso de escalada ou que queren retomar e desoxidarse.
Se o tempo o permite,a actividade terá lugar o domingo 12 de maio de 10:00 a 14:00 no sector Camachuelo do Canón do Sil
Material recomendado:
●Material necesario facilitado polo clube: Material de seguridade, arnes, corda, sistemas de freno e casco.
●Material recomendado: As participantes deben contar con calzado cómodo e roupa de abrigo.
Preferentemente pes de gato.
Requisitos para participar:
Coñecer as manobras básicas de seguridade en escalada deportiva (Asegurar a un primeiro ou segundo e saber escalar de primeiro e segundo).
Transporte:Coches particulares
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Coordinador: Fito