Queres comenzar no mundo da montaña, do alpinismo? Queres coñecer novos terreos de xogo ou simplemente apetéceche visitar novamente Ubiña? pois esta actividade é para ti.…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 10 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Descripción actividade
Queres comenzar no mundo da montaña, do alpinismo? Queres coñecer novos terreos de xogo ou simplemente apetéceche visitar novamente Ubiña? pois esta actividade é para ti.
Data límite para a inscripción
Mércores 10 de xaneiro de 2024
Información útil
- Comezo (lugar, hora…):
- Sábado 13: Torrebarrio 8:00h
- Domingo 14: Torrebarrio 7:00h
- Transporte:
- Coches particulares.
- Material recomendado (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso):
- Material básico – DÍA 13: piolet, crampóns e casco (o clube ten un número limitado deste material que podedes solicitar).
- Material básico DÍA 14: (a maiores do indicado anteriormente) arnés, asegurador/descensor (tipo Reverso ou ATC), cinta reunión, cordinos para nós bloqueantes, mosquetóns de seguro, cabo de ancoraxe, tornillo de xeo, polea bloqueante (Tipo microtraxion), corda para travesías glaciares ou de triple homologación.
- Material xeral recomendado: botas cramponables ríxidas ou semirríxidas, roupa de abrigo para condicións invernais, luvas, protección solar, mochila de 20-30L, cantimplora ou bolsa tipo camel, barritas ou comida de ataque, frontal.
- Pernocta:
- Refuxio de Torrebarrio.
Liteiras corridas (imprescindible levar saco), conta con zoa onde poder cociñar e hai ducha.
- Refuxio de Torrebarrio.
- Actividades propostas:
- Día 13
- Faredes prácticas de progresión en neve con e sen crampóns, manexo de piolet e autodetención en diferentes situacións. Realizarase percorridos pola montaña para practicar as técnicas de progresión. De existir un grupo de iniciación e outro xa con coñecementos, dividirase a actividade propoñéndose a este segundo algunha actividade alternativa pola montaña (inda que xa se saiba, sempre está ben poñer en práctica os aspectos básicos da seguridade na progresión invernal)
- Día 14:
- Para a xente con coñecementos previos xa asentados de progresión en montaña invernal, se propón practicar as técnicas de progresión en glaciar: practicarase o encordamento en glaciar e a metodoloxía de rescate en fendas. O grupo de iniciación realizará algún percorrido sinxelo.
- Día 13
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Día 1: Non é necesario ter coñecementos previos, recomendable ter saído ó monte nas saídas do clube, ou ter feito algún “coñece a escalada” e por tanto saber asegurar, encordarse ou rapelar.
Día 2: Ter feito algún “coñece a montaña invernal” ou saber progresar e autodeterse en montaña invernal. A maiores saber encordarse e rapelar.
Prezo:
- Gratuíta.
Mais Info:
Prazas limitadas – 10 – (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Coordinador: Manuel Veiga
Contacto: [email protected]
Sección: Montaña/Escalada.