Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Infantís: Manzaneda 27-28 xaneiro

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 27 Xaneiro
Finaliza: 28 Xaneiro
Categoría:

Fin de semana en Manzaneda.  Pasaremos 2 días e 1 noite no refuxio que o clube ten en Manzaneda. A idea principal é poder facer unha raquetada cosmáis pequenos do clube, pero se a neve non acompaña faremos sendeirismo. Farase unha ruta sábado 27 e outra domingo 28, pasando a tardiña e a noite do sábado con xogos no refuxio e arredores (podedes traer os xogos que vos  apeteza).   Información útil  Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo) Coordinadoras: Bea e Marta Comezo (lugar, hora…):   12.00 horas. Refuxio Pena do Caldeiro  en Manzaneda  Transporte:  Coches particulares  Material recomendado:  Roupa e calzado adecuado. Saco de durmir para a noite do  sábado. Comida e bebida para Sábado e Domingo.  No caso de que haxa neve se tedes raquetas podédelas levar, …

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 24 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Fin de semana en Manzaneda. 
Pasaremos 2 días e 1 noite no refuxio que o clube ten en Manzaneda. A idea principal é poder facer unha raquetada cosmáis pequenos do clube, pero se a neve non acompaña faremos sendeirismo. Farase unha ruta sábado 27 e outra domingo 28, pasando a tardiña e a noite do sábado con xogos no refuxio e arredores (podedes traer os xogos que vos 
apeteza).  
Información útil 

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

Coordinadoras: Bea e Marta

Comezo (lugar, hora…):  
12.00 horas. Refuxio Pena do Caldeiro  en Manzaneda 
Transporte: 
Coches particulares 
Material recomendado: 
Roupa e calzado adecuado. Saco de durmir para a noite do 
sábado. Comida e bebida para Sábado e Domingo. 
No caso de que haxa neve se tedes raquetas podédelas levar, 
senón o cuble ten algunhas. 
Pernocta: 
Refuxio do Clube. 
Requisitos para participar: 
Ser socio do Clube e estar federado. 
Prezo 

A actividade é gratuíta.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón