CUATRO VALLES aglutina un extenso territorio que comprende boa parte da montaña leonesa.
Son 7 comarcas que teñen en común a súa fisiografía montañosa, chea de vals e cumios cunha natureza privilexiada.
Xa temos visitadas as comarcas de Laciana e Alto Sil e Luna; así que toca darlle una volta á comarca do Bernesga.…
Inscripción
As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.
Data límite para a inscripción:
- Mércores 04 de Outubro mediante formulario web
PONTE OUTUBRO (DO 12 Ó 15): MONTAÑA E ESCALADA NA RESERVA DA BIOSFERA ALTO BERNESGA (MONTAÑA CENTRAL DE LEÓN).
Descripción xeral da zona
CUATRO VALLES aglutina un extenso territorio que comprende boa parte da montaña leonesa.
Son 7 comarcas que teñen en común a súa fisiografía montañosa, chea de vals e cumios cunha natureza privilexiada.
Xa temos visitadas as comarcas de Laciana e Alto Sil e Luna; así que toca darlle una volta á comarca do Bernesga.
A Reserva da Biosfera do Alto Bernesga, declarada pola UNESCO en 2005, comprende os termos municipais de La Pola de Gordón e Villamanín, situados na Montaña Central de León, dentro da vertiente leonesa. O río Bernesga é o que da nome a esta reserva.
Dende o punto de vista xeolóxico podemos atopar importantes xacementos paleontolóxicos e nas calizas e areniscas fósiles marinos, esponxas, trilobites, corais….
A paisaxe presenta pastizais de alta montaña, bosques de carballos, faias, salgueiro, aciñeiras,….e con respecto á fauna destaca a presenza de aves, alguna de elas en perigo de extinción, como o milano real, alimoche, águia real ou falcón peregrino.
Máis info:
http://www.aytolapoladegordon.es/
INFORMACIÓN ÚTIL
Comezo (lugar, hora…): | Pola de Gordón do 12 ó 15 de Outubro |
Transporte: | Medios propios. . |
Material recomendado: | Material axeitado para cada actividade: Montaña e escalada |
Pernocta: | Sí: Camping Bosque de Gordón. O clube no realizará reserva colectiva, cada persoa que veña a actividade ten que chamar e reservar pola súa conta. tel: 685486187 Na web altobernesgabiosfera.es tedes info sobre alternativas para a pernocta |
Requisitos para participar: | Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade |
Prezo: | A actividade é gratuíta. |
Programación de actividades:
Podedes descargar aquí o PDF ca descripción detallada das actividades previstas
12 Outubro (Día 1): Ascensión Picos Fontún, Peña Majaón, Peña Machamedio e Peña Redonda.
- 10,52 km, 891m. de desnivel positivo e negativo cun tempo estimado con paradas de 6 horas
13 Outubro (Día 2): Camping Pola de Gordón, Cueto San Mateo, Camping Pola de Gordón.
- 11km. con desnivel positivo e negativo de 655m. e tempo estimado con paradas de 5 horas
14 Outubro (Día 3): Foz Arroyo Meleros, Pico La Carba, Foz de Palanco, Hayedo Boyariza.
- 15 Km. con desnivel aprox. de 800m. e tempo con paradas de 7 horas
15 Outubro (Día 4): Faedo De Ciñera, Conxunto Industrial do Pozo Ibarra (volta pola arista que separa Ciñera de la Vid – pasando por Hoces del Villar).
- 7,9km. con 370m. desnivel positivo e negativo. Cun tempo estimado con paradas de 3,5 horas
Actividades alternativas:
- Zona de escalada “La Llombera” a 6km. do camping (9 min. no coche)