Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Quedada de escalada no Canón do Sil

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 15 Maio
Categorías: ,

Quedada de escalada deportiva e autoprotección na zona de escalada de Canón do Sil. Para participar é imprescindible ser autosuficiente en escalada deportiva e/ou autoprotección en función da actividade que desexes realizar así como que cada un leve o seu propio material, e estar federado. Esta actividade plantéxase para repasar conceptos de material, nudos, vias…


Quedada de escalada deportiva e autoprotección na zona de escalada de Canón do Sil.

Para participar é imprescindible ser autosuficiente en escalada deportiva e/ou autoprotección en función da actividade que desexes realizar así como que cada un leve o seu propio material, e estar federado.

Esta actividade plantéxase para repasar conceptos de material, nudos, vias ferratas, etc.

O punto de quedada é as 10:00AM na ponte dos Peares onde nace a estrada cara a escola de escalada. A actividade de repaso é de mañá, ata as 14:00 apróximadamente quedando a tarde libre para escalar.
Material obrigatorio: Casco, arnés, descendedor, dous cabos de ancoraxe con mosquetón de seguridade, dous mosquetóns de seguro, bloqueadores.
Requisitos: Estar federado e ter coñecementos de escalada.
O número de participantes poderá ser limitado.

Aínda que pode ser unha actividade propicia para escaladores nóveles, non se trata dun curso, por tanto é necesario ter os coñecementos básicos de aseguramiento e montaxe/desmonte de vías, xa que non haberá ningún monitor nin guía pendente dos participantes. Non obstante o organizador coñece as diferentes vías e sectores, puediendo orientar aos participantes nos labores de selección de vía en función a súa dificultade e/ou equipamento. Cada cordada deberá avaliar as súas vías de acordo co seu nivel e coñecementos.

Recórdase que a escalada é un deporte de risco que require ter coñecementos das diversas técnicas e material.

Apúntate en [email protected] para xestionar o desprazamento e aloxamento.

 

Data límite para anotarse: 11 de maio

Lugar: Canón do Sil

Transporte: Medios propios (vehículo particular)

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón