Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Quedada de espeleoloxía en arcoia

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 22 Outubro
Finaliza: 23 Outubro
Categoría:

Proposta de actividade: localización e exploración Cova de Arcoia Tempo estimado no interior: +- 6 horas A coordinación da actividade desenvolverase conxuntamente entre os participantes na mesma, nos días previos á súa realización. Esta actividade ten unha aproximación polo medio natural na que hai varios factores de risco (criterio MIDE). A dificultade do itinerario valorada…


Proposta de actividade: localización e exploración Cova de Arcoia

Tempo estimado no interior: +- 6 horas

A coordinación da actividade desenvolverase conxuntamente entre os participantes na mesma, nos días previos á súa realización.

Esta actividade ten unha aproximación polo medio natural na que hai varios factores de risco (criterio MIDE). A dificultade do itinerario valorada entre 1 e 5 é de 3. A aproximación ten unha distancia de 3 km cun desnivel positivo de 200 e negativo de 200.

Apúntate en [email protected]

Notas: As actividades da Sección de Espeleoloxía programadas no calendario oficial do Club están abertas á participación de todos os espeleólogos do Club que posúan a capacitación suficiente para desenvolvelas.

Salvo que se indique expresamente, non se trata de cursos, de actividades de iniciación ou actividades guiadas. Non haberá por tanto un monitor, ou responsable da actividade acompañando ou asistindo aos participantes.

Cada participante deberá estar en posesión da correspondente Licenza Federativa, así como ser autosuficiente para progresar de maneira autónoma en cavidade. Con aptitudes demostrables en T.P.V., manobras de seguridade, montaxe e desmonte de instalacións de progresión, así como manexo e interpretación de documentación topográfica. Isto inclúe tamén todo o referente ao equipamento individual de progresión e seguridade, así como vestimenta adecuada. O coordinador, ou coordinadores, a actividade terán a facultade de non incorporar ao equipo de espeleólogos a aqueles inscritos con aptitude insuficiente ou dubidosa, ou carentes do equipamento individual de progresión ou vestimenta adecuada.

Data límite para anotarse: Xoves 13 de Outubro ás 14:00 horas

Lugar: Cova de Arcoia, O Courel

Transporte: Medios propios (vehículo particular)

Horario da aproximación*: 1 hora

Horario da cova *: 6 horas

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón