Aprazamos a saída polo mal tempo. En canto teñamos novas datas comunicarémosvolas Saída de iniciación ao cicloturismo –6-7 maio apta para familias afeitas a andar en bici. Ruta de 30 km para iniciarse e desfrutar do pracer de viaxar en bicicleta. Aproveitando a Ecovía internacional do Támega, sairemos o sábado pola mañá de Verín coas…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 03 de Maio podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Aprazamos a saída polo mal tempo.
En canto teñamos novas datas comunicarémosvolas
Saída de iniciación ao cicloturismo –6-7 maio
apta para familias afeitas a andar en bici.
Ruta de 30 km para iniciarse e desfrutar do pracer de viaxar en bicicleta.
Aproveitando a Ecovía internacional do Támega, sairemos o sábado pola mañá de Verín coas bicicletas co obxectivo de ir e coñecer veciña cidade de Chaves, onde pasaremos a noite.
En Chaves, despois de cruzar a Ponte de Trajano, visitaremos o Castelo de Chaves así como o Aquae Flaviae, xacemento arqueolóxico das termas romanas que poñen de relevo a importancia deste enclave en tempos dos romanos.
O domingo, despois do pequeno almorço, voltaremos polo mesmo medio a Verín.
A ruta é apta para calquera que teña costume de andar en bicicleta. Lembrar que esta actividade non é ‘deportiva’ xa que o que buscamos é descubrir o pracer de viaxar dun xeito tranquilo, ecolóxico e libre de fumes.
Material necesario:
Casco, bomba e material necesario en caso de pinchada.
Bote de auga e comida para o día
Roupa de abrigo/auga (dependendo do tempo), crema de sol e gafas
Una muda
O punto de encontro será ás 11h do sábado na seguinte zona de libre de aparcadoiro onde deixaremos os coches, ao lado da Praza da Alameda.
E como curiosidade, aí deixamos este vídeo no que podemos aprender no noso idioma as diferentes partes da bici 😉
Transporte:Coches particulares
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Pernocta: a xestión da pernocta correo por conta dos participantes
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
Coordinadora: Lurdes