Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo en Ancares 11-12 novembro–Aprazada 8-9-10 decembro

Comeza: 8 Decembro
Finaliza: 10 Decembro
Categoría:

Dúas actividades de sendeirismo por Ancares. Combinaremos parte das rutas por fragas e outra parte será máis aérea, con ascensión a Tres Bispos e Cuerno Maldito se as condicións permiten gozar da ascensión. En caso de que non, haberá variante alternativa por cotas máis baixas e menos expostas. …

Inscripción

As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.

Data límite para a inscripción:

  • Martes 05 de Decembro mediante formulario web

Realizar inscripción online


Descripción actividade

Dúas actividades de sendeirismo por Ancares. Combinaremos parte das rutas por fragas e outra parte será máis aérea, con ascensión a Tres Bispos e Cuerno Maldito se as condicións permiten gozar da ascensión. En caso de que non, haberá variante alternativa por cotas máis baixas e menos expostas.

Data límite para a inscripción

Mércores, 8 de novembro

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…):
    • Campa da Braña o sábado, día 11, ás 9:00 horas

  • Transporte: Medios própios.
  • Material recomendado:
    • Habitual para sendeirismo .
  • Pernocta:  Podedes reservar habitación con literas no albergue Campa da Brañai ou no hostal (as reservas telas que facer cada participante)

Requisitos para participar:

  • Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:

  • Non ten custe (pernocta a parte).

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Organizador:

  • Manuel Cruz

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón