Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo polo Xurés

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 7 Maio
Finaliza: 8 Maio
Categoría:

CANCELADA POR MAL TEMPO. A actividade de sendeirismo será o sábado día sete, con saída ás 10 da mañá dende o refuxio do Pisco. Ao refuxio chégase indo a Bande-Muiños-Mas de Salas-Guntumil-Requias e dende aquí tomar dirección Portugal (Pitoes ). O chegar o alto, antes de cruzar a Portugal, tomar a pista que sae a…


CANCELADA POR MAL TEMPO.

A actividade de sendeirismo será o sábado día sete, con saída ás 10 da mañá dende o refuxio do Pisco.
Ao refuxio chégase indo a Bande-Muiños-Mas de Salas-Guntumil-Requias e dende aquí tomar dirección Portugal (Pitoes ). O chegar o alto, antes de cruzar a Portugal, tomar a pista que sae a esquerda . E a menos de 2 Km. está o refuxio.

Ascenderase os Picos de Fontefría, unha actividade sen dificultade técnica, salvo ó final, que ten unha trepada NON OBRIGATORIA.

Ademais, quen queira pode pernoctar a noite do sábado no refuxio do Pisco e apuntarse a un churrasco.
Tamén hai posibilidade de actividades paralelas para nenos.

Requisitos para participar: Ningun requisito especial esixido.

Material obrigatorio: Comida, Botas de montaña, Roupa axeitada, Frontal, Manta térmica, .
Todo o material debe de estar en boas condicións e homologado para a actividade.

Apúntate en [email protected]

 

Data límite para anotarse: 4 de maio

Lugar: Xurés

Transporte: Medios propios (vehículo particular)

Tipo de actividade *: Ida e volta

Horario *: 8 horas

Severidade do medio (entre 1 e 5) *: 2 – Hai mais dun factor de risco
Ver mais información

Os seguintes factores poden estar presentes:

  • Alta probabilidade de que pola noite a temperatura descenda de 10ºC
  • Paso por lugares afastados a máis de 1 hora de marcha (horario MIDE) dun lugar habitado, un teléfono de socorro ou unha estrada aberta
  • O itinerario, nalgún tramo, transcorre fóra de traza de camiño e por terreo enmarañado ou irregular que dificultaría a localización de persoas

Dificultade do itinerario (entre 1 e 5) *: 5

*Información basada no criterio MIDE. Obter mais información.

Distancia: 18 km aproximadamente Desnivel positivo: 700 Desnivel negativo: 700
No caso de realizarse varias rutas na mesma actividade mostrase a distancia e desniveis mais grandes.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón