A singularidade das canarias esta fora de toda dubida. As illas afortunadas contan co maior proporción de parque nacional de todo o estado e ademais co seu cumio mais alto, por enriba dos 3.700 m. …
A singularidade das canarias esta fora de toda dubida. As illas afortunadas contan co maior proporción de parque nacional de todo o estado e ademais co seu cumio mais alto, por enriba dos 3.700 m. O Teide é un reto de altura pero o é moito mais no medio dunha travesia que cruza a illa de Tenerife de nordeste a sudeste, dende praia e ate praia pasando polo filo do crater do Teide.
Proñemoste seguir o GR 131 en autonomía. Disfrutando dunhas das noites con ceos estrelados mellores do mundo. Durmindo no refuxio Altavista e vendo o amencer no cumio do Teide.
PLAN PROPOSTO
- Semana do 26 de maio ao 3 de xuño de 2018
- O plan e chegar a Tenerife e pernoctar nun hostal na zona de Puerto de la Cruz. O dia seguinte sair de “El Caleton”.
- Pernocta con tenda ou vivac durante a ruta. Posibilidades de mercar comida e auga en varios puntos do camiño.
- Chegada 6/7 dias despois a praia de Los Cristianos.
- Ultima noite en aloxamento na zona.
Link co percorrido aproximado (ollo, é a ruta aproximada, o punto de saída e chegada non corresponden co track e ademais subiríase o Teide):
Tendo en conta que ascenderiamos a cumbre do teide e sairiamos e chegariamos ao mar.
PREZO
- Manutencion, transporte publico e pernoctas pendentes de concretar, prezo aproximado 120€.
- Non inclue:Viaxe en avion dende santiago a Tenerife (prezo aproximado 150€)
Cómo apuntarme?
O mercores 21 (19-21h) mercaranse os billetes de avion dende o clube estando as inscritas presentes e publicarase o vo por se alguen quere mercalo pola sua conta posteriormente.
Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).
Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.
Normas de participación nas actividades
O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.