Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Travesía con vivac Macizo Occidental Picos de Europa 23-24 setembro

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 23 Setembro
Finaliza: 24 Setembro
Categoría:

Actividade que pretende percorrer o corazón do Macizo Occidental de Picos de Europa, en autonomía e alcanzar algún dos seus cumes máis senlleiros a Torre Santa de Castilla, pola vía do Ojal (III+). Vivaquearase no Jou Santu, regresando a Pan de Carmen, cumbreando a Torre do Torco e a cresta de as Tres Marías (III+), ata acadar a horcada del Alba e completar unha actividade circular polo Mosquil de Cebolleda..…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 20 de Setembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Descripción actividade

Actividade que pretende percorrer o corazón do Macizo Occidental de Picos de Europa, en autonomía e alcanzar algún dos seus cumes máis senlleiros a Torre Santa de Castilla, pola vía do Ojal (III+). Vivaquearase no Jou Santu, regresando a Pan de Carmen, cumbreando a Torre do Torco e a cresta de as Tres Marías (III+), ata acadar a horcada del Alba e completar unha actividade circular polo Mosquil de Cebolleda..

Data límite para a inscripción

mércores 20 de septembro de 2023 21:00h

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…):
    • Pan de Carmen (7:00h)
  • Transporte: Organizaranse os coches o venres día 22 en Ourense. Saída ás 16:00h ou 17:00h dende o pabellón dos Remedios.
  • Material recomendado:
    • Material técnico: casco, arnés, descensor (tipo Reverso ou ATC), cordino para nós bloqueantes, mosquetóns de seguro, cabo de ancoraxe. (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso). Corda e algún friend mediano (según o número de participantes axustaranse as cordadas).
    • Material xeral recomendado: botas ou zapatillas de trekking, prendas de abrigo, protección solar, mochila de 30-40L, cantimplora ou bolsa tipo camel (recomendable 2 L), barritas ou comida de ataque, alimentos para o vivac, fornelo (pola falta de auga na zoa é probable que teñamos que derreter neve para ter auga), frontal, saco de durmir, funda de vivac, esterilla, botiquín.
  • Pernocta:  Pódese durmir nos parkings habilitados para furgonetas existentes en Covadonga, xusto antes de empezala estrada de subida ós lagos. Só se pode subir ós Lagos dende Covadonga en vehículos particulares, despois das 21:00h e ata as 8:00h. En Pan de Carmen a normativa do Parque non permite a pernocta. Tamén, o que queira, pode subir a dormir ó refuxio de Vegarredonda (http://www.refugiovegarredonda.com/haz-tu-reserva).Xa dentro do macizo vivaquearase no Jou Santo.

Requisitos para participar:

  • Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade.
  • Atoparse en boa condición física. No caso de querer ascendela Peña Santa, ter feito algún “coñece a escalada” e participar nas actividades de Compromiso Alpino. Saber encordarse e rapelar, escalar de segundo de corda mínimo 6a ou de primeiro de corda V.

Descripción técnica da actividade:

Horario previsto

Distancia

Desnivel (+)

Desnivel (-)

Día 1: ata o punto de vivac, dende Pan de Carmen 4 horas e 4-5h subir e baixar do Torre Santa.

Día 2: entre 4-5 h.

Día1: 7-8 Km (aprox) dende Pan de Carmen.

Día 2: 9 Km (aprox) ata Pan de Carmen

Día1: dende Pan de Carmen: 1000 m (ata o vivac) e 1400 m (ata o cume do Peña Santa).

Día 2: 350m ata A Torre do Torco (2452 m).

Día 1: 400m descenso do cume de Peña Santa ata o vivac.

Día 2: 1400 m dende a Torre do Torco ata Pan de Carmen

  • Descripción actividade día 23

    • Nesta ocasión ascenderemos ó corazón do macizo Occidental polo collado de Gamonal que faranos pasar polo Refuxio de Vegarredonda, a Llampa Cimera e seguindo en direción ó collado da Fragua e as Barrastrosas, alcanzando o corazón do macizo Occidental o Hou Santu, donde vivaquearemos. Subirase a Peña Santa pola vía do Ojal. Primera ascensión: Jose María Boada y Bonifacio Sadia: “El Diablo de la Peña” en 1930. Dificultad: AD o AD- (máx III/III+). Según o número de participantes poderanse facer cordadas para ascender en ensamble.
  • Descripción actividade día 24

    • Regresaremos do Jou Santu ascendendo a Torre do Torco, pola súa vía normal o de la canal este (PD+), realizando o cresterío das Tres Marías (III+/IV) que nos levará á Horcada del Alba, dende a que enlazaremos a Llampa Cimera, pola que subimos o día anterior, polo Mosquil de Cebolleda. Según horario pódese plantexala ascensión da Torrezuela, pola súa normal da cresta sureste (F).

Info adicional e bibliografía:

Prezo:

  • Gratuíta.

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Coordinador: Manuel Veiga
Contacto: [email protected]
Sección: Montaña/Escalada.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón