Xuntanza escalada clásica 20-21 abril Peñas del Prado Descripción xeral Actividade que pretende abrilo terreo de xogo dando a coñecer un deses vales con feitizo, Arbás. Peñas del Prado atópase neste val, e a súa historia roquera está moi ligada ás escaladoras galegas que nos anos 90 adicáronse dun xeito moi prolífico a apertura dunha…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 17 de Abril podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Xuntanza escalada clásica 20-21 abril Peñas del Prado
Descripción xeral
Actividade que pretende abrilo terreo de xogo dando a coñecer un deses vales con feitizo, Arbás. Peñas del Prado atópase neste val, e a súa historia roquera está moi ligada ás escaladoras galegas que nos anos 90 adicáronse dun xeito moi prolífico a apertura dunha grande cantidade de liñas. Para moitos de nós foi un grande punto de encontro que permitíanos explorar a nosa pericia e habilidade co cacharreo de material. |
Información útil
Comezo (lugar, hora…): | Cubillas de Arbás |
Transporte | Coches particulares |
Pernocta | A dormida podedes xestionala nas direcións adxuntas, que se atopan na propia localidade de Cubillas de Arbás: ttps://www.naturocio.net/el-albergue/ Historicamente sempre se durmiu no pórtico da escola con saco e esterilla. |
Material | Material técnico: casco, arnés, pes de gato, descensor (tipo Reverso ou ATC), cordino para nós bloqueantes, cintas e cordinos reunión, mosquetóns de seguro, cabo de ancoraxe. Material por cordada: 2 cordas dobles ou 1 simple de triple homologación, friends (xogo completo ata o número C3 de camalot), entaladores, 10-12 cintas extensibles e expreses. (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso) Material xeral recomendado: botas ou zapatillas de trekking, prendas de abrigo, protección solar, mochila de escalada, cantimplora ou bolsa tipo camel, barritas ou comida de ataque, frontal, botiquín |
Requisitos para participar | Saber encordarse e rapelar, montaxe de reunións, uso do material flotante, manobras de escalada de varios longos, escalar de segundo de corda mínimo 6a ou de primeiro de corda V. |
Actividades propostas | Según o nivel das cordadas. Propóñense unha serie de liñas que en función do perfil dos inscritos poderanse axustar. As vías non están equipadas. As cordadas deben ser autónomas.
|
Información técnica
Actividade de escalada
Información das actividades propostas
Enlaces con descripción das rutas suxeridas: http://lagarafa.blogspot.com/2019/12/penas-del-prado-lago-de-luna.html https://gsm.org.es/actividades/rutas-escalada/cordillera-cantabrica/via-pena-corada-iv-ad-130m/ http://losdrus.blogspot.com/2021/08/penas-del-prado-lago-de-luna-gatos.html No meu blogue tedes unha compilación en pdf de escaladas en Peñas del Prado: https://damegravedad.blogspot.com/ Guías Miguel Ángel Adrados. 2005. Cordillera Cantábrica. Escaladas selectas en roca. 2ª edición. |
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Coordinador: Manuel Veiga, socio e federado do CAM, non é guía titulado nin ten titulación profesional que lle permita cobrar polas actividades desenvolvidas, actuando en calidade de guía benévolo compartindo a súa longa experiencia como afeccionado no eido dá montaña. Contacto: [email protected] |