Xa estamos a voltas coa actividade de pirineos de este ano!
Este ano a actividade de pirineos será do 30 de xullo ao 6 de agosto.
A pernocta, igual que en anos anteriores, será nalgún cámping cercano.
Como novidade, propoñemos dous vales, o Val de Pineta e a Reserva Natural de Neouvielle (Francia). Para decidir o val no que se realizará este ano a actividade de Pirineos, someterémolo a votación entre os socios.
Pero antes unhas consideracións para facer realizar esta consulta ó mellor posible:
- Votar só unha vez por persoa. .
- Votar só se tes pensado ir a pirineos, se non vas ir, deixa que sexan os interesados os que decidan o val.
Aquí tes a ligazón á enquisa http://enquisas.clubalpinoourensan.es/index.php/835617?lang=gl
Lembra, o prazo para votar na enquisa é ata o 16 de maio
No caso de empate entre os dous vales, decidirán os vocais.