Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a escalada

Data: 27 Xaneiro
Categoría:

ROCÓDROMO MUNICIPAL DE OURENSE

Sábado 27 de xaneiro de 2018

Coñece a escalada é unha actividade de divulgación para persoas que non teñen coñecementos previos de escalada e que lles permitirá entrar en contacto con esta actividade de forma segura e divertida.

Esta é unha actividade aberta a persoas socias como non socias do Club Alpino Ourensan Plazas limitadas.

Información práctica:
A inscrición previa é imprescindible
Traer roupa cómoda (pódense utilizar os vestiarios da piscina) e calzado deportivo (botas de futbol sala ou tenis) se non se dispón de “pes de gato” (calzado específico para escalada)

Prezo da actividade:

  • Gratuito para persoas federadas
  • 6 € para persoas non federadas

A actividade/prezo inclue seguro, monitores e material de seguridade necesario, non inclue o acceso as instalacións municipais. (3 € de entrada se non eres aboado do pavilllóns dos Remedios)

Horario de 9.30 a 13.30h no rocódromo municipal do Pavillón dos Remedios

Apúntate en [email protected] indicando o teu nome e apelidos, data de nacemento e DNI para poder tramitar o seguro
Data límite para anotarse: mércores 24.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, non analizamos os hábitos de navegación navegación. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información neste enlace