Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a montaña

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 28 Xaneiro
Categoría:

Apúntate en [email protected] ou no local do club. COÑECE A MONTAÑA SERRA DOS ANCARES ACENSIÓN AO PENALONGA Domingo 28 de xaneiro de 2018 “Coñece a montaña” é unha actividade organizada polo Club Alpino Ourensan aberta a todas as persoas que queiran iniciarse nas actividades na natureza que teñen que ver co montañismo, socias ou non…


Apúntate en [email protected] ou no local do club.

COÑECE A MONTAÑA
SERRA DOS ANCARES

ACENSIÓN AO PENALONGA
Domingo 28 de xaneiro de 2018

“Coñece a montaña” é unha actividade organizada polo Club Alpino Ourensan aberta a todas as persoas que queiran iniciarse nas actividades na natureza que teñen que ver co montañismo, socias ou non socias. Incluimos polo tanto todos os ingredientes que deben de ter este tipo de actividades, facendoo con total seguridade e aproveitando a experiencia dos membros do clube.

 

Planing:
Saída do parquing da policía nacional de Ourense o sábado 27 as 19.30h
Desplazamento en vehículos particulares (recomendamos levar cadenas) até a Campa da Baña, onde pernoctaremos

O domingo 28 saída as 8h hacia Piornedo.
Comezo da ruta as 9h dende o pobo de Piornedo.
Chegada estimada a Ourense as 21h.

Información técnica

Percorrido aproximado (sen ascensión ao Cuiña)
– Lonxitude da ruta: 11 km
– Desnivel: 900 m
– Material de seguridad necesario: Crampons e piolet.

 

Actividade

Ascensión ao Penalonga

  • horario5h 10′
  • desnivel de subida900 m
  • desnivel de baixada900 m
  • distancia horizontal11 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario3
  • pendente de neve 30º

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

A actividade proposta consistirá na ascensión dende o pintoresco pobo de Piornedo até o cumio do Penalonga, 900 m máis arriba, pola súa descoñecida e estimulante ruta oeste. Esta cumbre con 1881 m atópase entre as dúas montañas máis representativas dos Ancares (o Mostallar e o Cuiña) e por iso é un mirador inigualable de toda a serra e dos vales leoneses.

O descenso o faremos seguindo a normal do Mostallar e se hai ánimo e tempo poderemos acometer a ascensión tamén a este mítico cumio.

Información práctica

  • Comida para a ruta: froita, barritas enerxéticas, doces, algún pincho lixeiro por exemplo. E auga.
  • Transporte: Organizaremos o transporte en coches particulares no lugar de quedada.

Prezo:

  • 16 € para o público en xeral
  • 10 € para persoas federadas
  • Gratuita para persoas socias e federadas.

O prezo inclue cesión de material, o seguro de responsabilidade civil e de accidentes así como a cuota asociativa do primeiro trimestre no club.

Material:

  • Roupa de abrigo, botas de montaña, comida, guantes e gorro. Saco de dormir se te quedas a durmir
  • Crampons e piolet. (Poderá recollerse no club, avisar no momento de apuntarse se se dispón do mesmo)

Pernocta

Na Pousada Campa da Braña en dormitorio con liteiras.
8 €, levar saco de dormir.
Cena do sábado 12 €, almorzo do domingo 3,5 €

Inscripción:

Apúntate en [email protected] indicando o teu nome e apelidos, data de nacemento e DNI para poder tramitar o seguro
Data límite para anotarse: mércores 25

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón