Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Fraga da Marronda

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 1 Xullo
Categoría:

Percorrido circular dividido en dous tramos que ofrece ao visitante a oportunidade de coñecer a comarca da Fonsagrada. Afastada dos grandes núcleos de poboación e das vías de comunicación relevantes, ofrece unha paisaxe rica e case virxe nunha das zonas máis descoñecidas de Galicia. A Fraga da Marronda, de gran valor ecolóxico e cinexético e o nacemento do río Eo, convértense nos protagonistas do camiño.

O punto de quedada é a área recreativa de Cortevella ás 09:30. Dende o club intentaremos organizar os vehículos para o desprazamento.

Mais información en http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=277249720&ctre=23 e en es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1781589…


Data límite para anotarse
mércores 28 de xuño
Lugar xeral
Concello de Baleira (Lugo)
Pernocta
Sen pernocta
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

Percorrido circular dividido en dous tramos que ofrece ao visitante a oportunidade de coñecer a comarca da Fonsagrada. Afastada dos grandes núcleos de poboación e das vías de comunicación relevantes, ofrece unha paisaxe rica e case virxe nunha das zonas máis descoñecidas de Galicia. A Fraga da Marronda, de gran valor ecolóxico e cinexético e o nacemento do río Eo, convértense nos protagonistas do camiño.

O punto de quedada é a área recreativa de Cortevella ás 10:00 (mapa de google). Para organizar a saída dende Ourense, o punto de quedada é ás 08:00 horas enfronte das escaleiras do edificio politécnico da Universidade.

Material recomendado: Botas e roupa axeitada, Frontal, Manta térmica,

PR-G145 Rota da Marronda

PR-G145 Rota da Marronda

  • horario7 h
  • desnivel de subida793 m
  • desnivel de baixada793 m
  • distancia horizontal21.3 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Nos comezaremos a actividade na area recreativa de Cortevella.
Nesta ligazón podes ver a información da ruta http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=277249720&ctre=23 e en es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1781589

Non se prevén pasos de escalada nin rápeles na actividade.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón