Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a Espeleoloxía

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 8 Xullo
Finaliza: 9 Xullo
Categoría:

Actividade divulgativa da espeleoloxía na que nos iniciaremos na exploración das cavidades soterradas. PLAN Sábado pola tarde, exposición no local do Club Alpino Ourensán sobre o contido da actividade. Domingo dúas covas a visitar con dous niveis, ambas na zona do Incio, preto da Serra da Enciña da Lastra. Cova das Choias: nivel básico. Cova…


Actividade divulgativa da espeleoloxía na que nos iniciaremos na exploración das cavidades soterradas.

PLAN

Sábado pola tarde, exposición no local do Club Alpino Ourensán sobre o contido da actividade.

Domingo dúas covas a visitar con dous niveis, ambas na zona do Incio, preto da Serra da Enciña da Lastra.

  • Cova das Choias: nivel básico. Cova moi amplia e sin estreiteces, na que poderemos ver algunhas formacións e si temos sorte algunha colonia de morcegos.
  • Cova de Silverto: nivel básico. Cova un pouco máis estreita que a anterior, con pequenas trepadas, terémonos que arrastrar un pouco e conta con máis formacións.

Pódese facer unha ou as dúas covas, segundo desexo dos participantes.

Material necesario:

Este material terá que ser levado polo propio participante.

  • Funda de traballo
  • Botas de auga ou trekking
  • Luvas
  • *Casco homologado (no caso de dispoñer do mesmo)
  • *Iluminación para o casco (no caso de dispoñer da mesma)
  • Roupa de recambio ao acabar a actividade

*Indicar no momento da inscripción se se dispón de casco e/ou iluminación para o mesmo.
Data límite para anotarse mércores 5 de xullo ás 21:00.
Para inscribirte pódelo facer en [email protected]
Número máximo de participantes: 10 persoas.
Non é preciso ser socio do club

Se estás federado ou tes un seguro que cubra a actividade de espeleoloxía indícao no momento da actividade, en caso contrario o club encargarase de tramitalo.

O desprazamento realizarase en vehículos particulares, este organizarase na reunión prévia do sábado.

PREZO:

  • 6€ para persoas que carezan de seguro
  • Gratuita para aqueles que conten con seguro ou liceza federativa.

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

Data: 28 Marzo
Categoría:

Coñece a espeleoloxía nunha actividade orientada a os que queiran coñecer este deporte, na Serra Courel (Lugo)…


Coñece a espeleoloxía nunha actividade orientada a os que queiran coñecer este deporte, na Serra Courel (Lugo)

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón