Hosting por dinahosting.
15 Decembro, 2017

Despedida do ano e brindis do Nadal

Como ven sendo tradicional, despedimos o ano no local do club cun brindis para celebrar o ano 2017, un ano de actividades realizadas coa mellor compañia. Acábase un ano cheo de lembranzas, pero comeza un novo ano que será ainda mellor. Queremos aproveitar para darvos as grazas aos socios, xa que este club non sería o mesmo sen vós.

Quedades todos convidados este venres 22 ás 20:15 horas no local.

O próximo mércores será o último día que abra o club no seu horario habitual e o local permanecerá pechado tras esta celebración, ata o mércores 10 de xaneiro de 2018, no que retomaremos as actividades de xeito habitual.

Se precisas tramitar algunha licenza, este mesmo venres poderás facelo dende ás 20:00.

Feliz Ano 2018!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, non analizamos os hábitos de navegación navegación. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información neste enlace