Hosting por Logo dinahosting
9 Xaneiro, 2017

Xa está aquí o Cairn 2016

 

Xa temos unha nova edición do Cairn que ao igual que o ano pasado ten como obxectivo  que sexa unha revista que vos que quede de recordo das actividades nas que participáchedes e senón puideches, que poidas estar informado de todo o que aconteceu no club nese ano. E por qué non?, para fardar coa familia e cos amigos do club o que pertences ;).
Á diferencia das revistas de montaña que temos de referente, no CAIRN os protagonistas sodes vós, dende o contido, a redacción, edición e imaxes.  Nel, vós nos contades as actividades que se fixeron no club ó longo do 2016 e actividades singulares dalgún de vós..

Xa temos unha partida na imprenta esperando a que nos chegue a mediados deste mes, pero xa podes encargar o teu exemplar a partir de agora. Non quedes sen él e reservao xa nesta ligazón ou no local do club.

O custo do CAIRN é o de impresión de 4,50€ por exemplar (máis barato que unha desnivel).

Tamén podes ver números anteriores do CAIRN na web e nuns meses colgaremos a edición do 2016 http://web.clubalpinoourensan.es/cairn

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón