VII Marcha pola muller montañeira, espeleóloga, sendeirista… ‘Mulleres do Club Alpino Ourensán: pasado, presente e futuro’ No seu 50 aniversario o Club Alpino Ourensán quere conmemorar o 8M co recoñecemento a todas as mulleres que fixeron e fan club. ‘Mulleres do Club Alpino Ourensán: pasado, presente e futuro’ As sociAs, animádevos a compartir unha foto…
VII Marcha pola muller montañeira, espeleóloga, sendeirista… ‘Mulleres do Club Alpino Ourensán: pasado, presente e futuro’
No seu 50 aniversario o Club Alpino Ourensán quere conmemorar o 8M co recoñecemento a todas as mulleres que fixeron e fan club.
‘Mulleres do Club Alpino Ourensán: pasado, presente e futuro’
As sociAs, animádevos a compartir unha foto das vosas actividades(presentes e pasadas) . Os sociOs, enviade algunha foto dunha amiga, compañeira, filla.. Para despois visibilizar en redes as mulleres no senderismo, montaña, alpinismo, escalada, espeleleoloxía, BTT…durante estos 50 anos de Club.
Podedes envialas o teléfono 642973158, o grupo de whatsapp do club ou o correo [email protected]
Lembrade, se facedes actividade sempre con sentidiño, en grupos de 4
Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).
Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.
O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.
Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón