Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Bici polas Gándaras de Budiño

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 18 Xullo
Categoría:

Sairemos o sábado 18 as 10:00 da mañana dende a pista de aeromodelismo de Furaventos en Pontellas (Porriño) para recorrer o bosque de Gándaras de Budiño acompañando o río Louro ata a súa desembocadura e apartir de aquí pedalearemos pola beira do Miño ata Caldelas de Tui.
A distancia a percorrer serán uns 30 Km. e superar un desnivel acumulado duns 200 m.…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 15 de Xullo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Ruta que pasa polo bosque de Gándaras de Budiño e a ribeira do Miño dende a desembocadura do río Louro ata Baños de Caldelas de Tui.

Serán uns 30 km aproximadamente e superar un desnivel tanto positivo como negativo de 100 m.

Sairemos o sábado 18 ás 10:00 da mañá dende a pista de aeromodelismo de Furaventos, en Pontellas (Porriño)

Lémbrate que é preciso contar cunha licencia federativa en vigor que cubra a actividade de BTT. Consulta nesta ligazón os detalles da túa licenza https://fedgalmon.gal/licenza/

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón