Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Pirineos 2020 (1-8 Agosto) Val de Hecho//Completa//Cancelada

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 1 Agosto
Finaliza: 8 Agosto

Sentindoo moito , finalmente este ano o Club non organizará a xa tradicional saída a Pirineos. Nas circunstancias actuais de incerteza e priorizando o sentido da responsabilidade hacia @s nos@s soci@s, e hacia os propios veciños do Val de Hecho, consideramos que o mais acertado é pospoñer esta clásica saída de verán. Lamentamos as molestias…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 10 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Sentindoo moito , finalmente este ano o Club non organizará a xa tradicional saída a Pirineos.
Nas circunstancias actuais de incerteza e priorizando o sentido da responsabilidade hacia @s nos@s soci@s, e hacia os propios veciños do Val de Hecho, consideramos que o mais acertado é pospoñer esta clásica saída de verán.
Lamentamos as molestias ocasionadas, e agradecemos a vosa comprensión. Coidarvos moito e pasade un bo veran. Agardamosvos á volta!

Un ano mais, xa andamos a organizar a actividade de Pirineos.

Este ano dirixímonos ó Val de Hecho no Pirineo Aragonés do 1 ao 8 de Agosto

Prazas limitadas
A actividade está supeditada ás normas que haxa nese momento derivadas do Covid-19

Inscripción
Data límite para a inscripción:
Xoves 11 de xunio mediante o formulario web

Importante:  Anotarse para poder facer a reserva do camping, este ano as prazas están reducidas.O clube só fai reservas para a zona de acampada.

En breve anunciaremos o camping onde nos instalaremos e unha pequena descrición das actividades que se van a propoñer.

Haberá actividades infantís/xuvenis, sendeirismo, montaña… cumprindo as normas que estean vixentes nese momento estipuladas polo goberno para ese tipo de actividades

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón