Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Cicloturismo 16-17 marzo- Aprazada

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 16 Marzo
Finaliza: 17 Marzo
Categoría:

Itinerario cicloturista polo norte de Portugal. Traxecto que segue a ecovia das extintas liñas férreas dos ríos Támega e Corgo, tomando como base de operacións Vilapuca de Aguiar (Portugal).

O percorrido total entre Chaves e Vila Real e de uns 144 km (ida e volta) con un desnivel positivo e negativo 850 m, que se salvarán no transcurso dos dous días de actividade.…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 13 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Descripción actividade

Itinerario cicloturista polo norte de Portugal. Traxecto que segue a ecovia das extintas liñas férreas dos ríos Támega e Corgo, tomando como base de operacións Vilapuca de Aguiar (Portugal).

O percorrido total entre Chaves e Vila Real e de uns 144 km (ida e volta) con un desnivel positivo e negativo 850 m, que se salvarán no transcurso dos dous días de actividade.

Data límite para a inscripción

Mércores 13/03/2024.

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…):
    • Venres noite en Vilapouca de Aguiar (Portugal) para pernoctar
      e iniciar a actividade do día seguinte pola mañán o máis cedo posíbel.
  • Transporte e Documentos:
    • Coches propios, habilitados para transportar bicicletas.
    • DNI ou Pasaporte en vigor e Tarxeta Sanitaria Europea, si dispuxeras dela.
  • Material necesario:
    • Bicicleta, alforxas e/ou mochila e as ferramentas precisas para pequenas reparacións que poidan xurdir, como pinchazos, averias na cadea ect…Luces na bici e/ou lanterna frontal.
    • Roupa, calzado e roupa de abrigo, axeitados para pedalear.
    • Crema solar, gafas de sol, casco e chubasqueiro.
    • Auga e comida de ataque para os dous días.
    • Roupa, calzado e roupa de abrigo para se cambiar despois da actividade e o estritamente necesario para o aseo persoal, que non poidas atopar no hotel.
  • Estadía/Ceas:
    • Faremos dúas noites en Vilapouca de Aguiar, as do venres 15 e sábado 16, recomendamos o “Hotel Europa”, donde dispoñen de habitacións individuais, dobres, triplas e ata cuádruplas, con “pequeno almorço”.
    • Os participantes deberán reservar a estadía pola súa conta, poñéndose de acordo entre eles para cubrir as habitacions e facendo a reserva por habitación completa.
    • Se alguén prefire outro aloxamento, non hai problema algún, non entanto, sempre partiremos do “Europa” para inciar as actividades dos dous días.
    • Ceas por conta dos participantes nos restaurantes que nos ofrece a Vila.

Información técnica:

  • Día 16 de marzo:
    • Ruta fácil, preparada para ciclistas e camiñantes, con escaso desnivel positivo, xa que percorre as antigas liñas do ferrocarril.
    • Disporemos de un “track” que facilitaremos aos participantes.
    • Descrición da ruta
      Partindo de Vilapouca en dirección Chaves, faremos unha ruta de ida e volta, para pernoctar de novo en Vilapouca de Aguiar. O punto máis lonxe ao que chegaremos nesta dirección, dependerá das forzas do grupo (Chaves, Vilela do Támega ou Vidago) acadándose os 86, 62, ou ben os 48 km de percorrido total ida e volta.
  • Día 17 de marzo:
    • Require de un menor esforzó que a anterior, por ser máis chaira. Igualmente preparada para ciclistas e camiñantes, percorrendo as antigas liñas do ferrocarril, con menos percorrido e desnivel que o día anterior.
    • Disporemos de un “track” que facilitaremos aos participantes.
    • Descrición da ruta
      Partindo de Vilapouca de Aguiar e seguindo a liña do río Corgo, iremos en dirección a Vilareal, facendo novamente un percorrido de ida e volta, para recoller os nosos vehículos en Vilapouca de Aguiar e retornar aos nosos domicilios.
      O percorrido total desta segunda xornada, será de uns 60 km, que trascorren por un terreo especialmente chairo e ben pavimentado, que non resultará nada esixente.

Requisitos para participar:

  • Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade con extensión btt na mesma.
  • Para quen dispoña dela, é recomendable levar a tarxeta sanitaria europea.

Prezo:

  • O que se gasten os participantes no deprazamento, alonxamento e comidas.

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

 

 

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón