Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo infantil polo Baixo Miño:Muiños do Tripe e Monte Aloia – 16 Marzo 2024

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 16 Marzo
Categorías: ,

Subiremos polo rio Tripes percorrendo o conxunto de muiños en direccion á aldea de Frinxo. Desde ali, seguindo unha pequena levada, adentraremonos no Parque Natural do Monte Aloia.…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 13 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Descripción actividade

Subiremos polo rio Tripes percorrendo o conxunto de muiños en direccion á aldea de Frinxo. Desde ali, seguindo unha pequena levada, adentraremonos no Parque Natural do Monte Aloia. Deteremonos no Centro de interpretacion do Parque, percorrendo a aula aberta da natureza e ascendendo ata o Alto de San Xiao, desde onde podemos contemplar unha excelente panorámica do Baixo Miño, desde Arbo ata o o mar, onde o Monte Tegra na Guarda. No descenso visitaremos o Castro do Alto dos Cubos.

Data límite para a inscripción

Mércores 13 de Marzo de 2024

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…):
  • Transporte: Medios própios.
  • Material recomendado:
    • Mochila, calzado axeitado para caminar, auga e comida para pasar o día, viseira e protección solar.
  • Pernocta: non é necesaria a pernocta. No caso das persoas que se inscriban ás dúas actividades da fin de semana, poderáse valorar a organización da pernocta conxunta.
  • Track 0da ruta

Requisitos para participar:

  • Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:

  • Non ten custe.

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Organizadoras:

  • Marta e Bea

 

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón