Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a escalada de varios longos (Budiño) 17 Xaneiro

Data: 17 Xaneiro
Categoría:

Coñece a escalada de varios longos (Budiño) 17 Xaneiro Comezamos o ano cunha actividade de escalada de varios longos en Budiño, dita actividade  se levará a cabo sempre que as condicións sanitarias permítannolo Información actividade: practicarase a montaxe de reunións, manexarase o material de pogresión máis habitual e as técnicas necesarias para o  aseguramento e a progresión de varios longos. DATA: Sábado 17 de xaneiro  de…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Coñece a escalada de varios longos (Budiño) 17 Xaneiro

Comezamos o ano cunha actividade de escalada de varios longos en Budiño, dita actividade  se levará a cabo sempre que as condicións sanitarias permítannolo
Información actividade: practicarase a montaxe de reunións, manexarase o material de pogresión máis habitual e as técnicas necesarias para o  aseguramento e a progresión de varios longos.

DATA:
Sábado 17 de xaneiro  de 2021

Data límite para a inscripción
Mércores  13 de xaneiro as 21h

Información útil
●Saída do pavillón dos remedios de Ourense o sábado 17 de xaneiro as 10:00h
●Desplazamento en vehículos particulares.
●Chegada estimada a Ourense as 20.30h.

NOTA: Se vas a zona de Escalada pola tua propia conta,quedamos as 11:00 no aparcamento do parque forestal do Faro de Budiño: https://goo.gl/maps/iPcK9HG8q1h1pgLy6

Material recomendado:
●Material de seguridade, arnes, corda, descendedor, asegurador, casco, tres mosquetóns de seguro, cordino para rapel, cinta de reunión, cabo de ancoraxe, pes de gato e roupa de abrigo.
●Comida e auga para o día: froita, barritas enerxéticas,
doces, algún pincho lixeiro por exemplo e auga.

Requisitos :Coñecer as manobras básicas de seguridade en escalada deportiva (Asegurar a un primeiro ou segundo e saber escalar de primeiro e segundo).

Escalar como primeiro de corda 6a en deportiva 

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Responsables: 
Manu + Víctor 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón