Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a escalada de varios longos equipados(29de xaneiro) : Faro Budiño

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 29 Xaneiro
Categoría:

Coñece a escalada de varios longos equipados(29de xaneiro) Descripción xeral     A todas e todos aqueles interesados en dalo salto da escalada deportiva a escalada de  varios longos en terreo equipado.  Comezo (lugar, hora…): Sábado 29, 10:30h. Zona escalada de Budiño. Material: Os participantes deben contar co material de escalada básico: arnés, casco, cintas express, asegurador (tipo gri-gri), descensor (tipo Reverso ou ATC), cordinos para nós bloqueantes, cabo de ancoraxe. Material recomendado a aportar…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 06 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Coñece a escalada de varios longos equipados(29de xaneiro)

Descripción xeral  
 
A todas e todos aqueles interesados en dalo salto da escalada deportiva a escalada de 
varios longos en terreo equipado. 

Comezo (lugar, hora…): Sábado 29, 10:30h. Zona escalada de Budiño.

Material:
Os participantes deben contar co material de escalada básico: arnés,
casco, cintas express, asegurador (tipo gri-gri), descensor (tipo Reverso ou ATC), cordinos para nós bloqueantes, cabo de ancoraxe.

Material recomendado a aportar (non é imprescindible pero o clube ten un número limitado deste material): dous ou tres mosquetóns de seguro, corda simple, cinta ou cordino para reunións. (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso).

Material xeral: protección solar, cantimplora ou bolsa tipo camel, comida lixeira.

Requisitos para participar:
Escalar como primeiro de corda V en deportiva. Saber asegurar, rapelar e
encordarse.

Actividade de Escalada
Descripción da actividade a realizar

Practicarase: montaxe de reunións e material necesario en vías equipadas, rápel auto-asegurado, manobras de descolgamento, aseguramento a un segundo e a un primeiro de corda e manexo de corda en reunións.

Transporte:Coches particulares

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID:

FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)
Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas a 6 persoas

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Coordinador: Manuel Veiga
Contacto: [email protected]
Sección: Escalada.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón