A escola de escalada de Buxán é o entorno ideal para iniciarse na Escalada Deportiva.
Un pe de via idoneo para as familias. Completamente chairo e sen riscos e unha selección de vias de dificultade baixa e moderada bastante abundante. Vias de lonxitude media/curta nunha roca en xeral compacta e de boa calidade. …
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 04 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Descripción actividade
Invitamos a familias, nenas-os e non tan nenas-os a escalar no medio natural.
Facilitaremos o material de seguridade que sexa preciso para o desenvolvemento da actividade con total seguridade. Montaremos as vias se é preciso e daremos instruccións e consellos.
A escola de escalada de Buxán é o entorno ideal para iniciarse na Escalada Deportiva.
Un pe de via idoneo para as familias. Completamente chairo e sen riscos e unha selección de vias de dificultade baixa e moderada bastante abundante. Vias de lonxitude media/curta nunha roca en xeral compacta e de boa calidade.
Escalaremos todo o día, comeremos de pic-nic e se alguén o desexa pode quedar a durmir no propio entorno da escola.
Data límite para a inscripción
mércores 4 outubro de 2023 21:00h
Información útil
- Comezo (lugar, hora…):
- Transporte: Vehículos propios, compartir.
- Material recomendado:
- Arnés, pes de gato, casco, corda de 40 metros ou máis e de so en simple por cordada. 6 cintas expreses por cordada. Todo o material debe estar en bo estado de uso e homologado para a escalada deportiva.
- Pernocta: non
Requisitos para participar:
- Ter un mínimo coñecemeto para a escalada deportiva.
- Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:
- Gratuíta.
Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@