Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Rocódromo tempada 2023-2024 (01/10/2023-31/05/2024)

Comeza: 1 Outubro
Finaliza: 31 Maio
Categoría:

Rocódromo tempada 2023-2024 (01/10/2023-31/05/2024) Como todos os anos retomamos a clásica actividade do club no rocódromo. Esta actividade permite un uso do rocódomo conxuntamente tanto ós que xa levan tempo escalando como aos que están comezando. Aclaracións uso  do rocódromo: • As normas xerais de uso do roco seguen sendo as indicadas máis abaixo. •…

Inscripción

As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.

Data límite para a inscripción:

  • Venres 31 de Maio mediante formulario web

Realizar inscripción online


Rocódromo tempada 2023-2024 (01/10/2023-31/05/2024)

Como todos os anos retomamos a clásica actividade do club no rocódromo. Esta actividade permite un uso do rocódomo conxuntamente tanto ós que xa levan tempo escalando como aos que están comezando.

Aclaracións uso  do rocódromo:
• As normas xerais de uso do roco seguen sendo as indicadas máis abaixo.
• As persoas usuarias do rocódromo deben ter autonomía (saber asegurar e asegurarse e abrir as vías) e dispoñer de material propio.
• Existe un grupo de Telegram no que as persoas socias anotadas nesta actividade se coordinan para asistir ao rocódromo. Avisade no teléfono do club (642 97 31 58) se queredes que vos inclúan nese grupo.
• Só no horario do luns e xoves de 20:00 a 21:30 pódese escalar con material do club. Se aparece algunha persoa voluntaria poderíase ampliar esta posibilidade a outro horario.

Lembra que para facer uso do rocódromo deberás facer a inscrición previa

Horario:

O horario de uso do Pavillón dos Remedios :
Luns      : 9:00-16:00 / 20:00-23:00
Martes   : 9:00-16:00 / 21:30-23:00
Mércores: 9:00-16:00
Xoves     : 9:00-16:00 / 20:00-23:00
Venres    : 9:00-16:00 / 21:30-23:00

* os horarios son compartidos con Asesou

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade e ter pagado o abono de acceso o Pavillón dos Remedios

Prezo:A actividade é gratuíta.

Na seguinte ligazón atoparás as Normas de uso da instalación no horario do Club Alpino Ourensán Normas uso rocódromo 2023 -2024

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón