Proposta para descender o 23 deste mes o Rego do Val, equipado polos compañeiros do club de espeleoloxía Rei Cintolo, situado no Courel, nas inmediacións de Folgoso e que conta cuns 19 rápeles seguidos.…
- Data límite para anotarse
- mércores 19 de xullo
- Lugar xeral
- Serra do Courel
- Medios de transporte
- Medios propios (vehículo particular)
Apúntate en [email protected] ou no local do club para xestionar o desprazamento en vehículos.
Proposta para descender o 23 deste mes o Rego do Val, equipado polos compañeiros do club de espeleoloxía Rei Cintolo, situado no Courel, nas inmediacións de Folgoso e que conta cuns 19 rápeles seguidos.
A saída será o propio domingo pola mañá e a duración do barranco é dunhas duas horas e media.
Imprescindible ter coñecementos de descenso de canóns.
Aínda que pode ser unha actividade propicia para barranquistas nóveles, non se trata dun curso, por tanto é necesario ter os coñecementos básicos de descenso de barrancos, xa que non haberá ningún monitor nin guía pendente dos participantes. Non obstante o organizador coñece o barranco, podendo orientar aos participantes en canto a dificultade e/ou equipamento.
Material mínimo: casco, neopreno, calzado adecuado á actividade, arnés, cabo de ancoraxe dobre con mosquetóns, e oito. Se dispós de saca, cordas, etc, traeas tamén.