Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a miña aldea

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 21 Maio
Finaliza: 22 Maio
Categoría:

Rutas de sendeirismo pola contorna do Río Lor, zona de explotación de ouro polo romanos. As rutas propostas son: Sábado: Subida a Formigueiros dende Moreda atravesando a Devesa de Rogueira. 17 km ida e volta. 7 horas aproximadamente con paradas, desnivel aproximado de 1000 metros. Domingo: Ruta do Ouro e o Camiño Real(Margaride, Augasmestas, Cubela…)…


IMG-20160509-WA0011

Rutas de sendeirismo pola contorna do Río Lor, zona de explotación de ouro polo romanos.
As rutas propostas son:
Sábado: Subida a Formigueiros dende Moreda atravesando a Devesa de Rogueira.
17 km ida e volta. 7 horas aproximadamente con paradas, desnivel aproximado de 1000 metros.

Domingo: Ruta do Ouro e o Camiño Real(Margaride, Augasmestas, Cubela…)
16 km mais ou menos cun desnivel de 730 metros aproximadamente.

O punto de quedada sería o sábado ás 8:30 no Pavillón dos Remedios, durmindo a noite do sábado ó domingo en Margaride do Lor(hai que levar saco de durmir e esterilla, colchon, etc, pero alí hai frigorífico, cociña, microondas.

Requisitos para participar: Ningún requisito en particular.

Material obrigatorio: Comida, Botas de montaña, Roupa axeitada, Frontal, Manta térmica, Saco de durmir, Esterilla, .
Todo o material debe de estar en boas condicións e homologado para a actividade.

Apúntate en [email protected]

 

Data límite para anotarse: mércores 18 de maio

Lugar: Margaride de Lor

Transporte: Medios propios (vehículo particular)

Tipo de actividade *: Circular

Horario *: 6 horas

Severidade do medio (entre 1 e 5) *: 2 – Hai mais dun factor de risco
Ver mais información

Os seguintes factores poden estar presentes:

  • Alta probabilidade de que pola noite a temperatura descenda de 10ºC
  • Paso por lugares afastados a máis de 1 hora de marcha (horario MIDE) dun lugar habitado, un teléfono de socorro ou unha estrada aberta
  • O itinerario, nalgún tramo, transcorre fóra de traza de camiño e por terreo enmarañado ou irregular que dificultaría a localización de persoas

Dificultade do itinerario (entre 1 e 5) *: 3
*Información basada no criterio MIDE. Obter mais información.

Distancia: Uns 20 km aproximadamente Desnivel positivo: 1000 metros Desnivel negativo: 1000
No caso de realizarse varias rutas na mesma actividade mostrase a distancia e desniveis mais grandes.

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón