Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a montaña e a escalada

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 28 Xaneiro
Finaliza: 29 Xaneiro
Categorías: ,

“Coñece a montaña e a escalada” é unha actividade organizada polo Club Alpino Ourensan aberta a todas as persoas que queiran iniciarse nas actividades na natureza que teñen que ver co montañismo, socias ou non socias. Incluimos polo tanto todos os ingredientes que deben de ter este tipo de actividades, facendoo con total seguridade e aproveitando a experiencia dos membros do clube.…


Coñece 2017

Actividades ABERTAS a non socias. Prazas limitadas.

COÑECE A MONTAÑA
SERRA DOS ANCARES

ACENSIÓN AO PENALONGA
Domingo 29 de xaneiro de 2017

(Coñece a escalada máis abaixo)

“Coñece a montaña” é unha actividade organizada polo Club Alpino Ourensan aberta a todas as persoas que queiran iniciarse nas actividades na natureza que teñen que ver co montañismo, socias ou non socias. Incluimos polo tanto todos os ingredientes que deben de ter este tipo de actividades, facendoo con total seguridade e aproveitando a experiencia dos membros do clube.

A actividade proposta consistirá na ascensión dende o pintoresco pobo de Piornedo até o cumio do Penalonga, 900 m máis arriba, pola súa descoñecida e estimulante ruta oeste. Esta cumbre con 1881 m atópase entre as dúas montañas máis representativas dos Ancares (o Mostallar e o Cuiña) e por iso é un mirador inigualable de toda a serra e dos vales leoneses.

O descenso o faremos seguindo a normal do Mostallar e se hai ánimo e tempo poderemos acometer a ascensión tamén a este mítico cumio.

Planing:
Saída do parquing da policía nacional de Ourense o sábado 28 as 19.30h
Desplazamento en vehículos particulares (recomendamos levar cadenas) até a Campa da Baña, onde pernoctaremos

O domingo 29 saída as 8h hacia Piornedo.
Comezo da ruta as 9h dende o pobo de Piornedo.
Chegada estimada a Ourense as 21h.

Información técnica

Percorrido aproximado (sen ascensión ao Cuiña)
– Lonxitude da ruta: 11 km
– Desnivel: 900 m
– Material de seguridad necesario: Crampons e piolet.Mide Coñece montaña 2017

Material recomendado: Roupa de abrigo, botas de montaña, comida, guantes e gorro. Saco de dormir se te quedas a durmir.

Información práctica

– Comida para a ruta: froita, barritas enerxéticas, doces, algún pincho lixeiro por exemplo. E auga.
– Transporte: Organizaremos o transporte en coches particulares no lugar de quedada.

Prezo:
16 € para o público en xeral
10 € para persoas federadas
Gratuita para persoas socias e federadas.

O prezo inclue cesión de material, o seguro de responsabilidade civil e de accidentes así como a cuota asociativa do primeiro trimestre no club.

Material obrigatorio:
Crampons e piolet.

Pernocta:

Na Pousada Campa da Braña en dormitorio con liteiras.
8 €, levar saco de dormir.
Cena do sábado 12 €, almorzo do domingo 3,5 €

Inscripción:

Apúntate en [email protected]
Data límite para anotarse: Xoves 26 as 12h a.m

Organiza a actividade: Víctor Barro

——————————————————————————————————————–

COÑECE A ESCALADA

ROCÓDROMO MUNICIPAL DE OURENSE

Sábado 28 de xaneiro de 2017

Coñece a escalada é unha actividade de divulgación para persoas que non teñen coñecementos previos de escalada e que lles permitirá entrar en contacto con esta actividade de forma segura e divertida.

Esta é unha actividade aberta a persoas socias como non socias do Club Alpino Ourensan Plazas limitadas.

Información práctica:
A inscrición previa é imprescindible
Traer roupa cómoda (pódense utilizar os vestiarios da piscina) e calzado deportivo (botas de futbol sala ou tenis) se non se dispón de “pes de gato” (calzado específico para escalada)

Prezo da actividade:
Gratuito para persoas federadas
6 € para persoas non federadas

O prezo inclue seguro, monitores e material de seguridade necesario, non inclue o acceso as instalacións municipais. (3 € de entrada se non eres aboado do pavilllóns dos Remedios)

Horario de 9.30 a 13.00h no rocódromo municipal do Pavillón dos Remedios

Apúntate en [email protected]
Data límite para anotarse: Xoves 26 as 12h a.m.

Organizan a actividade: Lucas Rodríguez e Víctor Barro

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón