Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

PR-G145 Rota da Marronda-Alto Eo

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 4 Febreiro
Categoría:

Percorrido circular dividido en dous tramos que ofrece ao visitante a oportunidade de coñecer a comarca da Fonsagrada. Afastada dos grandes núcleos de poboación e das vías de comunicación relevantes, ofrece unha paisaxe rica e case virxe nunha das zonas máis descoñecidas de Galicia. A Fraga da Marronda, de gran valor ecolóxico e cinexético e…


Percorrido circular dividido en dous tramos que ofrece ao visitante a oportunidade de coñecer a comarca da Fonsagrada. Afastada dos grandes núcleos de poboación e das vías de comunicación relevantes, ofrece unha paisaxe rica e case virxe nunha das zonas máis descoñecidas de Galicia. A Fraga da Marronda, de gran valor ecolóxico e cinexético e o nacemento do río Eo, convértense nos protagonistas do camiño.

O punto de quedada é a área recreativa de Cortevella ás 09:30. Dende o club intentaremos organizar os vehículos para o desprazamento.

Mais información en http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=277249720&ctre=23 e en es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1781589

PR-G145 Rota da Marronda-Alto Eo

  • horario7h
  • desnivel de subida793 m
  • desnivel de baixada793 m
  • distancia horizontal21.3 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicions en 3 estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

 

 

Requisitos para participar: Ningún requisito en particular

Material recomendado: Botas e roupa axeitada, comida, auga e frontal.

Apúntate en [email protected]

Data límite para anotarse: mércores 1

Transporte: Medios propios (vehículo particular)

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón